> aquí ao Denís e mais eu nos gosta moito o logo. > > noraboa miguel
Denís o que non quere é facernos a nós un novo :) Ben, volvendo ó tema do logotipo dúas cousas. * A partir de agora nada de usar a palabra "logo", usade "logotipo", que despois non son quen de atopar as mensaxes referidas ó logotipo debido a que algún "listo" puxo a palabra "logo" en tódalas súas mensaxes. * Debido á gran abundancia da palabra "logo" na manchea de mensaxes que teño non son quen de atopar tódalas propostas de logotipos para poñelas na páxina http://trasno.net/logo asi que os que enviaran propostas e non vexan a súa proposta na devandita páxina que volvan enviar a súa proposta como resposta a este fío. Ata logo, Leandro Regueiro

