A min a o logo deni020 váleme perfectamente.

2010/3/9 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>

>
> É imperativo que teñamos unha decisión firme nos próximos dous días.
> Síntoo moitísimo, pero se non chegamos a un consenso aquí farei unha
> votación
> sobre do logo (a versión para asociación), _só_ entre os asociados.
>
> Eu quedaríame co logo de aquí http://trasno.net/logo que está como
> deni020.
> Xustifícoo.
>
> 1. as cores: o azul simboliza  a relación coa galeguizadade; e esas
> tonalidades combinan ben co branco, o que reincide no mesmo. Ese laranxa é
> cálido, faise atractivo a vez que rompe coa sobriedade dos azuis. Se
> colledes
> esa paleta de laranxa/azul claro/azul escuro/branco dá para xogar bastante.
> Combinaría tamén con lilas e rosas escuros. Queda perfecto en monocromo e
> non
> resulta raro en escala de grises.
> 2. a tipografía: sans-serif, (humanista?, non sei que tipografía é
> exactamente), tan de moda!: vedo Ubuntu. Non é unha letra moi formal, pero
> tampouco "infantil". Pódese usar en combinacións con textos con calquera
> letra
> sans sen que choque (e estas dan textos visualmente moi lexibles, limpiños
> e
> elegantes, moi aptos para webs). ademais, vai en consonancia coas formas
> arredondadas do .gl, . Outra vantaxe, o logo con esa letra é máis
> facilmente
> escalable: outras letras, coma as serif, ao reducilas non se len tan
> facilmente.
> 3. o .gl:  vai en diagonal ascendente, con formas romas... para min dá unha
> idea de dinamismo, de progresión. Por si só, separado do resto do logo,
> pódese
> usar como motivos de fondo de imaxes, versións reducidas do logo (p.ex
> 16x16),
> decoracións de textos...
>
> Ah, eu non creo niso do "silencio consensual" ou o que sexa, así que
> agradécense os si/non/paso do tema.
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Responderlle a