> Olá,
>
> pois como prometin haberá dous días, a seguir votarei unha parrafada
> acerca da previsíbel evolución da tradución de KDE nos vindeiros
> meses, até a saída de 4.3.
>
> Quen goste das estatísticas terá observado que aos poucos a porcentaxe
> completa das traducións tanto de 4.2 como de trunk (actual 4.3) foron
> diminuíndo máis ou menos rapidamente até a situación actual, que ven
> sendo de unhas 300 unidades de tradución (ut) incompletas na gui de
> 4.2 e unhas 5500 ut incompletas na gui de 4.3.
>
> Isto, por expresalo en prata, significa que no último mes incumprín as
> miñas labores de mantenedor, ao deixar cair a porcentaxe completa da
> gui.
>
> Na miña defensa teño que dicir que por unha banda teño unhas obrigas
> familiares que cumprir, por outra o traballo está poñéndose
> complicado, e como consecuencia de estes dous factores o tempo
> disponíbel, e polo tanto o meu «manpower» (mao de obra) viuse
> reducida.
>
> Ademáis hai outros proxectos que non están integrados dentro dos
> repositorios de KDE aos que lles din un pouco de amor; concretamente
> estou a falar de KMyMoney e de KEME, aquel completeino e irei agora
> completar as extensións (para cheques, fras. e cousas á maneira) e
> este teño que completarlle a tradución ao inglés. Unha vez rematados
> con estes xa disporei de todo o meu tempo para KDE e Debian.
>
> Permitídeme un inciso: o traballo en Debian estou a tomarmo
> relaxadamente, como unha tarefa a dar fruto dentro de ano e medio ou
> dous anos. Help wanted but strongly «fiscalized».

Estou pensando en colaborar, claro que a min sempre me gustaron os
proxectos onde as cousas son do estilo de collo os ficheiros,
tradúzoos e envíoos de volta sen complicacións adicionais, e diria que
Debian non é o caso. Ainda así a posibilidade de que cheguemos ó 100%
nunha distro dame moitas ganas para poñerme, ou polo menos mais ganas
que con openSuse, a cal é moito traballo e vai moito mais atrasada,
ainda que así ós poucos e entre uns poucos conseguimos chegar ó 50%
(aprox.).

> Ben, vamos a meternos na prebe: 4.3 e 4.4
>
> Existen dúas diferenzas entre o traballo que vin desenvolvendo até
> agora e o que quero facer/estou a facer. En primeiro lugar
> actualiceime a Lokalize e a adapatación baixoume o rendimento, ou por
> empregar a palabra de moda, a produtividade. En segundo lugar, a cat
> que emprego agora dispón de funcionalidades ás que lles quero tirar o
> proveito, nomeadamente o corrector ortográfico e o glosario.
>
> Estiven a traballar en kdelibs, kdepimlibs e kdebase, realizando unha
> corrección ortográfica e  un mantimento (levar ao 100%), e agora estou
> a subir o playground. Pero... ao ter que mirar todas as mensaxes, polo
> da ortografía, o resultado é un percorrido máis lento, aínda que non
> tan a modo como a revisión de 3.5 a 4.0, pero ...
> ... se votamos unhas contas, non saen, é dicir, non darei chegado a
> darlle unha volta completa en cinco meses nin farto de viño [1].
>
> A situación agrávase se temos en conta un factor adicional: despois da
> publicación de 4.3 incorporarase o traballo realizado para o SoC de
> Google, e previsibelmente isto sexan outras 4000-6000 ut, ás que lles
> hai que sumar o traballo ordinario.
>
> Como resultado disto, e no caso de manterse o noso ritmo de produción,
> cumpre agardar:
> - De 20090302 a 20090512 van 71 días, a 100 ut por día: 7100 mensaxes
> que poderei repasar (do inglés «revise»).
> - De aí a final de ano: uns 233 días => 23 300 ut.
>
> Tendo en conta que o playground son unhas 13 000 ut, queda claro que
> como moito, o que se pode agardar ___no caso de facer repaso__ é
> chegar a 4.3 co 100% do esencial e máis medio playground arranchado.
> De aí a 4.4, e se a cousa vai ben, podería ter completado o playground
> (unhas 7000), e meterme no esencial (módulos kde, agás o xa repasado e
> máis o pim e o edu, unhas 28 000 mensaxes).
>
>
> Por abreviar: teño dúas altenativar entre as que debo escoller:
> - Non repasar, e limitarme a completar
> - Repasar, e deixar caer o grau de completación da tradución da gui.
>
> A favor da primeira, que se completa máis, e o que se completa si vai 
> repasado.
> En contra da primeira, que a calidade da tradución segue a ser daquela 
> maneira.
>
> A favor da segunda, que se mellora a calidade.
> En contra da segunda, que comezarán a aparecer mensaxes na gui en
> outros idiomas, segundo a configuración do usuario, o cal pode ser un
> atranco para a escolla deste escritorio.
> En contra da segunda, que non se fan todas as comprobacións precisas
> para mellorar a calidade, dado que non se comproba a consistencia na
> utilización léxica (e xa non entremos en correccións funcionais e
> cousas máis sofisticada).
>
> Entón:
>
> @ Equipo de KDE:
> Que debo facer?

Ainda que non son dos de KDE vou responder. Deixar que aparezan moitas
cadeas novas sen traducir nun futuro vaiche complicar moito a vida.
Por outra banda cousas como "antever" fan que só ti poidas entender
que diaño pon na GUI. Así que céntrate en traducir todo pero en canto
teñas cinco minutiños dedícate a repasar.

> @

Non sei a que demo ven a segunda arroba.

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a