Olá, pois como prometin haberá dous días, a seguir votarei unha parrafada acerca da previsíbel evolución da tradución de KDE nos vindeiros meses, até a saída de 4.3.
Quen goste das estatísticas terá observado que aos poucos a porcentaxe completa das traducións tanto de 4.2 como de trunk (actual 4.3) foron diminuíndo máis ou menos rapidamente até a situación actual, que ven sendo de unhas 300 unidades de tradución (ut) incompletas na gui de 4.2 e unhas 5500 ut incompletas na gui de 4.3. Isto, por expresalo en prata, significa que no último mes incumprín as miñas labores de mantenedor, ao deixar cair a porcentaxe completa da gui. Na miña defensa teño que dicir que por unha banda teño unhas obrigas familiares que cumprir, por outra o traballo está poñéndose complicado, e como consecuencia de estes dous factores o tempo disponíbel, e polo tanto o meu «manpower» (mao de obra) viuse reducida. Ademáis hai outros proxectos que non están integrados dentro dos repositorios de KDE aos que lles din un pouco de amor; concretamente estou a falar de KMyMoney e de KEME, aquel completeino e irei agora completar as extensións (para cheques, fras. e cousas á maneira) e este teño que completarlle a tradución ao inglés. Unha vez rematados con estes xa disporei de todo o meu tempo para KDE e Debian. Permitídeme un inciso: o traballo en Debian estou a tomarmo relaxadamente, como unha tarefa a dar fruto dentro de ano e medio ou dous anos. Help wanted but strongly «fiscalized». Ben, vamos a meternos na prebe: 4.3 e 4.4 Existen dúas diferenzas entre o traballo que vin desenvolvendo até agora e o que quero facer/estou a facer. En primeiro lugar actualiceime a Lokalize e a adapatación baixoume o rendimento, ou por empregar a palabra de moda, a produtividade. En segundo lugar, a cat que emprego agora dispón de funcionalidades ás que lles quero tirar o proveito, nomeadamente o corrector ortográfico e o glosario. Estiven a traballar en kdelibs, kdepimlibs e kdebase, realizando unha corrección ortográfica e un mantimento (levar ao 100%), e agora estou a subir o playground. Pero... ao ter que mirar todas as mensaxes, polo da ortografía, o resultado é un percorrido máis lento, aínda que non tan a modo como a revisión de 3.5 a 4.0, pero ... ... se votamos unhas contas, non saen, é dicir, non darei chegado a darlle unha volta completa en cinco meses nin farto de viño [1]. A situación agrávase se temos en conta un factor adicional: despois da publicación de 4.3 incorporarase o traballo realizado para o SoC de Google, e previsibelmente isto sexan outras 4000-6000 ut, ás que lles hai que sumar o traballo ordinario. Como resultado disto, e no caso de manterse o noso ritmo de produción, cumpre agardar: - De 20090302 a 20090512 van 71 días, a 100 ut por día: 7100 mensaxes que poderei repasar (do inglés «revise»). - De aí a final de ano: uns 233 días => 23 300 ut. Tendo en conta que o playground son unhas 13 000 ut, queda claro que como moito, o que se pode agardar ___no caso de facer repaso__ é chegar a 4.3 co 100% do esencial e máis medio playground arranchado. De aí a 4.4, e se a cousa vai ben, podería ter completado o playground (unhas 7000), e meterme no esencial (módulos kde, agás o xa repasado e máis o pim e o edu, unhas 28 000 mensaxes). Por abreviar: teño dúas altenativar entre as que debo escoller: - Non repasar, e limitarme a completar - Repasar, e deixar caer o grau de completación da tradución da gui. A favor da primeira, que se completa máis, e o que se completa si vai repasado. En contra da primeira, que a calidade da tradución segue a ser daquela maneira. A favor da segunda, que se mellora a calidade. En contra da segunda, que comezarán a aparecer mensaxes na gui en outros idiomas, segundo a configuración do usuario, o cal pode ser un atranco para a escolla deste escritorio. En contra da segunda, que non se fan todas as comprobacións precisas para mellorar a calidade, dado que non se comproba a consistencia na utilización léxica (e xa non entremos en correccións funcionais e cousas máis sofisticada). Entón: @ Equipo de KDE: Que debo facer? @

