Eu vin Memento! Recomendáronma porque non son moi bo de memoria. Un filme moi 
bo, si que si.

Eu optaría ben por lembranza, ben por aviso, con lixeira preferencia con este 
último, xa que lembranza paréceseme semanticamente a "recordo". 

> O Xoves 05 Marzo 2009 17:55:46 Leandro Regueiro escribiu:
> > Mirando no open-Tran vexo que reminder se traduciu de varios xeitos
> > diferentes sen nin sequera manter a mesma tradución dentro do mesmo
> > proxecto:
> >
> > recordatorio
> > lembranza
> > aviso
> > memento
> >
> > Ata logo,
> >                    Leandro Regueiro
>
> Ah! son parte interesada!
>
> O de memento foi cousa miña, e empregueino a falla de cousa mellor (si, á
> parte de borde son algo esnobe), polo que cara o futuro é mellor ignoralo.
> O que si recomendo é ver o filme do mesmo nome, boísimo!
>
> Na actualidade estou a empregar unha palabra que me atopei traducindo algo
> (non recordo o que): lembrete. E non, non ben no digalego.com nin aparece
> no volga.

Responderlle a