O Luns 09 Marzo 2009 19:45:35 Leandro Regueiro escribiu:
> >> Segundo o digalego:
> >> - fila: Serie de persoas ou cousas colocadas unha detrás doutra
> >> formando unha liña.
> >> - cola: 3 sf Serie de persoas, de animais ou de cousas postas unha
> >> detrás doutra, agardando a súa quenda para facer algo.
> >> - lista: 2 sf Serie enumerativa de nomes de persoas ou cousas
> >> dispostas de forma ordenada unhas detrás doutras.
> >
> > Coido que cola sería o máis axeitado. Ademáis de que así mo parece
> > d'acordo cos significados aportados por Leandro, eu sempre escoitei "cola
> > de impresión", polo que persoalmente xa estou afeito. De todos xeitos,
> > fila tampouco me parece mal. "Lista" supoño que está ben no cado dos
> > reprodutores.
>
> Eu levo algún tempo sen usar "cola" porque vira nalgures que era
> castelanismo. "lista" apareceu en cadeas relacionadas con "listas de
> reprodución" se mal non lembro.
A RAG acepta "cola" no senso de "rabo" ou de "fila".
> Ata logo,
>                        Leandro Regueiro
Saúde!!
-- 
O malo da relixión e a súa carenza de imaxinación
--
karl

Responderlle a