>>> Segundo o digalego:
>>> - fila: Serie de persoas ou cousas colocadas unha detrás doutra
>>> formando unha liña.
>>> - cola: 3 sf Serie de persoas, de animais ou de cousas postas unha
>>> detrás doutra, agardando a súa quenda para facer algo.
>>> - lista: 2 sf Serie enumerativa de nomes de persoas ou cousas
>>> dispostas de forma ordenada unhas detrás doutras.
>>
>> Coido que cola sería o máis axeitado. Ademáis de que así mo parece d'acordo
>> cos significados aportados por Leandro, eu sempre escoitei "cola de
>> impresión", polo que persoalmente xa estou afeito. De todos xeitos, fila
>> tampouco me parece mal. "Lista" supoño que está ben no cado dos
>> reprodutores.
>
> Cola fai referenza á orde na que se agarda para facer unha tarefa. A
> diferencia dunha pila, na cola a orde é: "primeiro en chegar, primeiro en
> saír".
>
> Lista non ten implicacións sobre a orde: tanto as pilas como as colas son
> casos especiais (concretos) de listas.
>
> Fila non implica unha relación de orde, senón de colocación. A relevancia nas
> filas é a posición: un a carón doutro, a carón doutro...; pola contra, as
> columnas van un enriba, outro debaixo, outro debaixo....
>
> Unha fila ou ringreira de xente pode facer cola para coller unha entrada para
> o cine ou no supermercado, ou ben pode agardar que chegue o autobús de cada
> quen (non todos necesariamente agardan o mesmo) ou poden estar collidos na
> man como nas manifas ianquis XDD De feito, podes por os libros en fila, como
> podes ter unha fila de vasos valdeiros na mesa do bar.

Ten toda a pinta de que estudas informática, Karl. Por certo diria que
"ringreira", "valdeiros", "cada quen" non son correctos.

Aínda non todos opinaron sobre se é mellor "cola" ou non. En todo caso
para "queue" coma verbo tamén seria interesante ver as estatísticas de
"enqueue" e como leva unha chea de tempo confeccionalas estou por
dedicarme a facer ese programiña para aforrar tempo.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a