O Luns 09 Marzo 2009 17:59:49 Adrián Chaves Fernández escribiu:
> > Segundo o digalego:
> > - fila: Serie de persoas ou cousas colocadas unha detrás doutra
> > formando unha liña.
> > - cola: 3 sf Serie de persoas, de animais ou de cousas postas unha
> > detrás doutra, agardando a súa quenda para facer algo.
> > - lista: 2 sf Serie enumerativa de nomes de persoas ou cousas
> > dispostas de forma ordenada unhas detrás doutras.
>
> Coido que cola sería o máis axeitado. Ademáis de que así mo parece d'acordo
> cos significados aportados por Leandro, eu sempre escoitei "cola de
> impresión", polo que persoalmente xa estou afeito. De todos xeitos, fila
> tampouco me parece mal. "Lista" supoño que está ben no cado dos
> reprodutores.
Cola fai referenza á orde na que se agarda para facer unha tarefa. A 
diferencia dunha pila, na cola a orde é: "primeiro en chegar, primeiro en 
saír".

Lista non ten implicacións sobre a orde: tanto as pilas como as colas son 
casos especiais (concretos) de listas.

Fila non implica unha relación de orde, senón de colocación. A relevancia nas 
filas é a posición: un a carón doutro, a carón doutro...; pola contra, as 
columnas van un enriba, outro debaixo, outro debaixo....

Unha fila ou ringreira de xente pode facer cola para coller unha entrada para 
o cine ou no supermercado, ou ben pode agardar que chegue o autobús de cada 
quen (non todos necesariamente agardan o mesmo) ou poden estar collidos na 
man como nas manifas ianquis XDD De feito, podes por os libros en fila, como 
podes ter unha fila de vasos valdeiros na mesa do bar.

Saúde!!!!
-- 
O malo da relixión e a súa carenza de imaxinación
--
karl

Responderlle a