>> Ola,
>> queria retomar o de applet.
>>
>> No glosario de Trasno recomendase usar "applet", e tamén están na
>> lista "miniaplicación" e "aplicacionciña". No glosario de Mancomún
>> diferencian entre as "applets" de Java e o resto de "miniaplicacións".
>> Na terminoloxía de Microsoft aparece "aplicadela" que non sei de onde
>> o sacarían. Segundoos resultados das estatísticas de uso nas
>> traducións "miniaplicación" cada vez é máis popular, aínda que non
>> supera aínda a "applet" basicamente porque é a tradución que usan en
>> KDE.
>>
>> Aínda que coincido ca idea de traducilo coma "miniaplicación" non vexo
>> moito sentido a ter traducións diferenciadas dependendo da linguaxe na
>> que se programaron ditas aplicacións. Vós que pensades. En todo caso
>> prohibiría "aplicacionciña" e "aplicadela", e de feito vouno poñer xa
>> así agora mesmo no glosario de Trasno.
>
> Como na discusión anterior, gústame "trebello". "Chintófano" non é moito do
> meu agrado, pero bueno, pode valer tamén :)

Para os "applets" de escritorio si. Pero estamos falando das outras
"applets", que poden estar nunha web ou así.

Grazas por me lembrar que hai que poñer tamén o de "trebello". Creo
que definitivamente vai ser "trebello" o que triunfe sobre todo o
resto de opcións. Vou poñer isto no glosario xa, non vaia ser que o
esqueza.

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a