Ola,
queria retomar o de applet.
No glosario de Trasno recomendase usar "applet", e tamén están na
lista "miniaplicación" e "aplicacionciña". No glosario de Mancomún
diferencian entre as "applets" de Java e o resto de "miniaplicacións".
Na terminoloxía de Microsoft aparece "aplicadela" que non sei de onde
o sacarían. Segundoos resultados das estatísticas de uso nas
traducións "miniaplicación" cada vez é máis popular, aínda que non
supera aínda a "applet" basicamente porque é a tradución que usan en
KDE.
Aínda que coincido ca idea de traducilo coma "miniaplicación" non vexo
moito sentido a ter traducións diferenciadas dependendo da linguaxe na
que se programaron ditas aplicacións. Vós que pensades. En todo caso
prohibiría "aplicacionciña" e "aplicadela", e de feito vouno poñer xa
así agora mesmo no glosario de Trasno.
Ata logo,
Leandro Regueiro