>> non válido --> 330
>> Debian Installer: 8
>> GNOME: 119
>> KDE: 196
>> SUSE: 6
>> XFCE: 1
>
> Nisto hai un algo de culpa miña, xa que era o que usaba até hai pouco, estou
> a mudar a "incorrecto"
Eu non digo que "incorrecto" sexa o correcto. De feito a única razón
que lembro pola que se escolleu hai moito tempo (aínda que non se puxo
no glosario de Trasno) foi que non ten til, e así aforrabamos
escribilo. Pero o certo é que "non válido" úsase moito. Neste caso que
a xente decida, pero recomendaría intentar usar unha única opción se é
posible.
Ata logo,
Leandro Regueiro