>>>> non válido --> 330
>>>> Debian Installer: 8
>>>> GNOME: 119
>>>> KDE: 196
>>>> SUSE: 6
>>>> XFCE: 1
>>>
>>> Nisto hai un algo de culpa miña, xa que era o que usaba até hai pouco,
>>> estou
>>> a mudar a "incorrecto"
>>
>> Eu non digo que "incorrecto" sexa o correcto. De feito a única razón
>> que lembro pola que se escolleu hai moito tempo (aínda que non se puxo
>> no glosario de Trasno) foi que non ten til, e así aforrabamos
>> escribilo. Pero o certo é que "non válido" úsase moito. Neste caso que
>> a xente decida, pero recomendaría intentar usar unha única opción se é
>> posible.
>
> Non sei se hai algún matiz que as diferencie e faga unha máis correcta que
> outra, no caso de ser equivalentes, eu prefiro incorrecto, o motivo é que é
> unha soa palabra, non leva til e faiseme mais simple.
Polo visto gústavos máis "incorrecto". A ver agora quen convence a Marce :)
Ata logo,
Leandro Regueiro