Boas Angel,

hai un tempo escribira unha mini-guía que, polo teu perfil, igual che
interesa. Trata un pouco sobre como funciona o sistema gettext, pero sen
teoría e brevemente. Pódese atopar aquí:

http://trasno.net/comezar_a_traducir

Vendo que te manexas con compiladores e así, espero que non teñas moita
dificultade para seguilo. Está escrito presupoñendo que se emprega Debian
como sistema, así que poida que algunhas cousas teñas que cambialas para que
resulten axeitadas no teu sistema :( .

Se te decides a botarlle un ollo, estaría encantado de recibir calquera
comentario: se foi sinxelo, se non hai dios que o entenda, se tal parte
queda confusa... calquera cousa.

No seu momento decidírame a escribilo porque cando comezara, todo iso
soábame demasiado a "maxia negra", e pensei que podería serlle útil a
alguén...

Veña, un saúdo.

2009/9/16 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>

> >>> En esencia,
> >>> a miña colaboración pode consistir en axudar ás traducións das
> >>> aplicacións de software libre. Nunca estudei inglés (ao cabo, fixen un
> >>> curso de inglés básico por correspondencia hai uns anos, pero iso é
> unha
> >>> tontería ao final) pero, precisamente por terme adicado á Informática
> >>> cando os ordenadores mostraban as mensaxes de erro en inglés e pola
> miña
> >>> afición a tocar a guitarra (fundamentalmente, con cancións de
> >>> intérpretes de fala inglesa), son capaz de lelo e interpretalo bastante
> >>> ben, aínda que teño os meus problemas para redactalo (sobre todo, claro
> >>> está, cando se trata de falalo máis que de escribilo). Tampouco o meu
> >>> coñecemento do galego é exquisito, do(s) galego(s) normativo(s), aínda
> >>> que sexa a miña lingua materna (como a de moitos de nós). Considérome
> >>> totalmente capaz para, coa axuda dun diccionario e, se cadra dalgún
> >>> traductor, de facer traducións máis ou menos decentes. Dados os meus
> >>> coñecementos, eu estaría máis capacitado (e estaría máis interesado)
> >>> para facer traducións de cuestións técnicas (compiladores, páxinas do
> >>> manual, ...) que de aplicacións de usuario. Conste que, pese a todo, eu
> >>> estaría disposto a facer ese traballo meramente para contribuir á causa
> >>> (encantado) porque, no que a mín se refire, estou tan acostumado ver o
> >>> ordenador en inglés que, paradóxicamente, eu non instalaría esas
> >>> traducións para mín (tiven a oportunidade de ver funcionar o gcc en
> >>> castelán e facíaseme rarísimo: "Identificador no definido" en lugar de
> >>> "Undefined identifier"). Estou, dende os vellos tempos, tan habituado a
> >>> ver os "aparatos" en inglés que teño configurado ¡o móbil en inglés!.
> >>> Se pensades que a miña colaboración pode pagar a pena, contactade
> >>> conmigo en:
> >>> anxocarrilgonza...@gmail.com
> >>> Saúdos cordiais.
> >>> Anxo Carril González
> >>
> >> Boas Anxo,
> >> temos falta de tradutores, xa que as cadeas que hai que traducir non
> >> paran de aumentar. Dis que non é que controles moito nin de galego nin
> >> de inglés, o certo é que certo control e entendemento é
> >> imprescindible. Afortunadamente dispoñemos de certas ferramentas, como
> >> correctores ortográficos, que axudarán en certa medida a que os erros
> >> non sexan tan graves, así que poderias intentalo e ver que tal sae a
> >> proba.
> >>
> >> Non sei por onde poderías comezar, supoño que outra xente che poderá
> >> indicar cousas cas que poderias comezar, se é que queres centrarte no
> >> de traducir aplicacións relacionadas co da programación. Se ves algo
> >> que che pareza interesante traducir podes comentalo, mentres a ver se
> >> alguén che atopa algo. En todo caso se estás aberto a colaborar en
> >> traducións doutras cousas podes incorporarte a algún dos equipos de
> >> tradución que xa hai, continuar un proxecto orfo ou comezar algún dos
> >> que hai indicados no fondo de http://trasno.net/outros:inicio
> >>
> >> Ata logo,
> >>                 Leandro Regueiro
> >
> > Hola outra vez.
> >
> > Non me entendades mal. Non controlo o galego normativo (se e que existe
> > algún). A miña lingua materna, aquela na que me falaron os meus pais e os
> > meus avós dende o mesmo intre no que nacín e na que fago os meus procesos
> > mentais, é o galego pero, tendo en conta a etapa na que me criei (nos
> > derradeiros intres da dictadura), o meu galego está un pouco
> desnaturalizado
> > (castelanizado, como nos pasa a moitos). Cando se trata de escribilo,
> podo
> > facelo mellor porque podo pensalo con un pouco máis de calma e corrixilo.
> > Dende logo, podo contar con asesoramento e usar ferramentas que axuden.
> Co
> > inglés, pasa unha cousa totalmente distinta: Nunca o estudei como tal
> (fixen
> > un curso a distancia de nivel básico, do que saquei algunha cousa) pero
> levo
> > tanto tempo adicado aos ordenadores, a escoitar música en inglés e a
> tocala
> > na guitarra que o entendo bastante ben (sobre todo, cando se trata de
> > cuestións técnicas. Outra cousa sería ler un libro de Shakespeare ou
> > Tolkien, por suposto), aínda que non podo  redactalo con absoluta
> corrección
> > (algunha cousa en concreto si pero non demasiadas). Pero iso non importa
> > porque eu non vou escribir nada novo; só interpretar o que lea. Para que
> vos
> > fagades unha idea, eu adoito coller a documentación en inglés e non en
> > castelán nen en outro idioma porque estou tan acostumado que é máis
> natural
> > para mín vela en inglés (a documentación que teño no ordenador sobre as
> > cousas ás que eu me adico, téñoa toda en inglés: MySql, PHP, compilador
> gcc,
> > libraría estándar do compilador, etc.). Eu escomencei con isto da
> > informática hai moitos anos e, naquel intre, un atopaba tódalas mensaxes,
> > tódolos manuais e mesmo case tódolos libros en inglés e, como eu son así,
> > non podía contentarme con non entendelas. Eu son moi curioso, moi activo
> e
> > aberto a aprender todo o que poida. A base de ir preguntando a xente que
> > controlaba, de ir cantando cancións dos Beatles (entre outros) e lendo as
> > traducións das letras, fun escomenzando a controlar algo (a sintaxe do
> > inglés é bastante sinxela). Hoxe en día, ás veces, ata podo manter
> algunha
> > conversa mínima. Cando se trata de velo escrito, é máis doado, claro
> está.
> > Agora mesmo, mentras estou a redactar esta mensaxe, estou a escoitar a
> > Simon&Garfunkel.
> >
> > Se me ofrezo a colaborar, é porque me interesa a causa que estamos a
> > defender e porque considero que o campo que eu podo cubrir non o pode
> facer
> > moita xente xa que a maior parte da xente que traballa con ordenadores
> son
> > usuarios e non programadores. Ser programador require coñecementos moi
> > específicos (e moi amplos) que, por suposto, non todo o mundo ten (e é
> > lóxico: Os usuarios non teñen que preocuparse desas historias. Non todo o
> > mundo que usa un coche, nen moitos menos, sabe cómo funciona).
> Aplicacións
> > de usuario hai moita xente que as pode traducir (e mellor ca mín porque,
> > precisamente, poden ter máis coñecementos dos que teño eu) pero cuestións
> > técnicas ... (qué usuarios saben, por exemplo, o qué é a notación BNF, ou
> o
> > qué é unha árbore binaria).
> >
> > Por onde querería escomenzar. Pois ... de principio, querería, por
> exemplo,
> > facer traducións das páxinas do manual, ou da libraría do compilador de
> C.
> > Tamén podo facer unha tradución da documentación de PHP, por exemplo, ou
> de
> > MySql, ou de moitas outras cousas (a cuestión é ter tempo). Por exemplo,
> a
> > versión da documentación de MySql que hai en castelán (tiven oportunidade
> de
> > vela en castelán) non está completa: Hai un capítulo, o adicado as APIs,
> que
> > non está traducido (alomenos, non estaba cando eu a vin), suponse que
> porque
> > non é de interese xeral. Pero son traballos longos, claro. Podo ir
> facéndoos
> > pouco a pouco e remitíndoos a medida que os vaia tendo. Irémolo falando
> > porque agora mesmo tampouco sei se tedes xente currando neses campos.
> >
> > En todo caso, o que si precisaría saber e cómo teño que facer as cousas,
> é
> > dicir, en qué formato debo remitir o meu traballo e, en todo caso, qué
> > ferramentas podo usar. Sei, por exemplo, que hai un formato de ficheiro
> > especial (os ficheiros po) que se usa pero é un tema que aínda non tiven
> > tempo de investigar de todo aínda que me interesa moito porque pretendo
> > incorporalo nas miñas aplicacións pero ... ¡hai tantas cousas que facer
> ...!
> >
> > En poucos días (presumiblemente, a fin de semana, que será cando teña
> máis
> > tempo), penso remitir un exemplo do que podo facer, para que vos fagades
> > unha idea. Tamén botarei un vistazo ao link que me mandades. Polo de
> agora
> > ...
> >
> > I have not a very good english, then ...
> >
> > ¡A pasalo ben!
> >
> > Anxo.
>
> Intenta enviar a mensaxe de resposta á rolda de correo. No que é a
> tradución de documentación, quitando a documentación de un ou dous
> ambientes de escritorio non se está traducindo nada, e iso inclúe as
> páxinas man, as cales os responsables das traducións me recomendaron
> non traducir se a tradución non ía ser perfecta e completa (supoño que
> esa actitude súa é a razón de que só estean traducidas a tres ou catro
> idiomas).
>
> Respecto aos formatos e as ferramentas o tema é complicado. Hai unha
> chea de ferramentas, e o formato Gettext (.po é a extensión dos
> ficheiros das traducións) é usado na maior parte das traducións do
> software libre, con algunhas excepcións algunhas delas moi importantes
> (caso do OpenOffice.org). O tema da para moito e non sei se haberá
> moita xente que o controle totalmente, e se te restrinxes a traducir
> en tres ou catro sitios só precisarás coñecer unha ferramenta e punto,
> aínda que os problemas están principalmente na tradución de
> documentación.
>
> Como o tema da para moito e hoxe teño o ánimo baixo tampouco vou
> escribir moito máis sobre o tema. Isto lémbrame que temos pendente ir
> confeccionando esa documentación actualizada da que falamos que polo
> que vin este ano foi aparecendo bastante xente nova, quizais sexa a
> nova xeración de tradutores...
>
> Ata logo,
>                   Leandro Regueiro
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>



-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es

Responderlle a