> En esencia,
> a miña colaboración pode consistir en axudar ás traducións das
> aplicacións de software libre. Nunca estudei inglés (ao cabo, fixen un
> curso de inglés básico por correspondencia hai uns anos, pero iso é unha
> tontería ao final) pero, precisamente por terme adicado á Informática
> cando os ordenadores mostraban as mensaxes de erro en inglés e pola miña
> afición a tocar a guitarra (fundamentalmente, con cancións de
> intérpretes de fala inglesa), son capaz de lelo e interpretalo bastante
> ben, aínda que teño os meus problemas para redactalo (sobre todo, claro
> está, cando se trata de falalo máis que de escribilo). Tampouco o meu
> coñecemento do galego é exquisito, do(s) galego(s) normativo(s), aínda
> que sexa a miña lingua materna (como a de moitos de nós). Considérome
> totalmente capaz para, coa axuda dun diccionario e, se cadra dalgún
> traductor, de facer traducións máis ou menos decentes. Dados os meus
> coñecementos, eu estaría máis capacitado (e estaría máis interesado)
> para facer traducións de cuestións técnicas (compiladores, páxinas do
> manual, ...) que de aplicacións de usuario. Conste que, pese a todo, eu
> estaría disposto a facer ese traballo meramente para contribuir á causa
> (encantado) porque, no que a mín se refire, estou tan acostumado ver o
> ordenador en inglés que, paradóxicamente, eu non instalaría esas
> traducións para mín (tiven a oportunidade de ver funcionar o gcc en
> castelán e facíaseme rarísimo: "Identificador no definido" en lugar de
> "Undefined identifier"). Estou, dende os vellos tempos, tan habituado a
> ver os "aparatos" en inglés que teño configurado ¡o móbil en inglés!.
> Se pensades que a miña colaboración pode pagar a pena, contactade
> conmigo en:
> anxocarrilgonza...@gmail.com
> Saúdos cordiais.
> Anxo Carril González

Boas Anxo,
temos falta de tradutores, xa que as cadeas que hai que traducir non
paran de aumentar. Dis que non é que controles moito nin de galego nin
de inglés, o certo é que certo control e entendemento é
imprescindible. Afortunadamente dispoñemos de certas ferramentas, como
correctores ortográficos, que axudarán en certa medida a que os erros
non sexan tan graves, así que poderias intentalo e ver que tal sae a
proba.

Non sei por onde poderías comezar, supoño que outra xente che poderá
indicar cousas cas que poderias comezar, se é que queres centrarte no
de traducir aplicacións relacionadas co da programación. Se ves algo
que che pareza interesante traducir podes comentalo, mentres a ver se
alguén che atopa algo. En todo caso se estás aberto a colaborar en
traducións doutras cousas podes incorporarte a algún dos equipos de
tradución que xa hai, continuar un proxecto orfo ou comezar algún dos
que hai indicados no fondo de http://trasno.net/outros:inicio

Ata logo,
                 Leandro Regueiro

Responderlle a