>>> En esencia,
>>> a miña colaboración pode consistir en axudar ás traducións das
>>> aplicacións de software libre. Nunca estudei inglés (ao cabo, fixen un
>>> curso de inglés básico por correspondencia hai uns anos, pero iso é unha
>>> tontería ao final) pero, precisamente por terme adicado á Informática
>>> cando os ordenadores mostraban as mensaxes de erro en inglés e pola miña
>>> afición a tocar a guitarra (fundamentalmente, con cancións de
>>> intérpretes de fala inglesa), son capaz de lelo e interpretalo bastante
>>> ben, aínda que teño os meus problemas para redactalo (sobre todo, claro
>>> está, cando se trata de falalo máis que de escribilo). Tampouco o meu
>>> coñecemento do galego é exquisito, do(s) galego(s) normativo(s), aínda
>>> que sexa a miña lingua materna (como a de moitos de nós). Considérome
>>> totalmente capaz para, coa axuda dun diccionario e, se cadra dalgún
>>> traductor, de facer traducións máis ou menos decentes. Dados os meus
>>> coñecementos, eu estaría máis capacitado (e estaría máis interesado)
>>> para facer traducións de cuestións técnicas (compiladores, páxinas do
>>> manual, ...) que de aplicacións de usuario. Conste que, pese a todo, eu
>>> estaría disposto a facer ese traballo meramente para contribuir á causa
>>> (encantado) porque, no que a mín se refire, estou tan acostumado ver o
>>> ordenador en inglés que, paradóxicamente, eu non instalaría esas
>>> traducións para mín (tiven a oportunidade de ver funcionar o gcc en
>>> castelán e facíaseme rarísimo: "Identificador no definido" en lugar de
>>> "Undefined identifier"). Estou, dende os vellos tempos, tan habituado a
>>> ver os "aparatos" en inglés que teño configurado ¡o móbil en inglés!.
>>> Se pensades que a miña colaboración pode pagar a pena, contactade
>>> conmigo en:
>>> anxocarrilgonza...@gmail.com
>>> Saúdos cordiais.
>>> Anxo Carril González
>>
>> Boas Anxo,
>> temos falta de tradutores, xa que as cadeas que hai que traducir non
>> paran de aumentar. Dis que non é que controles moito nin de galego nin
>> de inglés, o certo é que certo control e entendemento é
>> imprescindible. Afortunadamente dispoñemos de certas ferramentas, como
>> correctores ortográficos, que axudarán en certa medida a que os erros
>> non sexan tan graves, así que poderias intentalo e ver que tal sae a
>> proba.
>>
>> Non sei por onde poderías comezar, supoño que outra xente che poderá
>> indicar cousas cas que poderias comezar, se é que queres centrarte no
>> de traducir aplicacións relacionadas co da programación. Se ves algo
>> que che pareza interesante traducir podes comentalo, mentres a ver se
>> alguén che atopa algo. En todo caso se estás aberto a colaborar en
>> traducións doutras cousas podes incorporarte a algún dos equipos de
>> tradución que xa hai, continuar un proxecto orfo ou comezar algún dos
>> que hai indicados no fondo de http://trasno.net/outros:inicio
>>
>> Ata logo,
>>                 Leandro Regueiro
>
> Hola outra vez.
>
> Non me entendades mal. Non controlo o galego normativo (se e que existe
> algún). A miña lingua materna, aquela na que me falaron os meus pais e os
> meus avós dende o mesmo intre no que nacín e na que fago os meus procesos
> mentais, é o galego pero, tendo en conta a etapa na que me criei (nos
> derradeiros intres da dictadura), o meu galego está un pouco desnaturalizado
> (castelanizado, como nos pasa a moitos). Cando se trata de escribilo, podo
> facelo mellor porque podo pensalo con un pouco máis de calma e corrixilo.
> Dende logo, podo contar con asesoramento e usar ferramentas que axuden. Co
> inglés, pasa unha cousa totalmente distinta: Nunca o estudei como tal (fixen
> un curso a distancia de nivel básico, do que saquei algunha cousa) pero levo
> tanto tempo adicado aos ordenadores, a escoitar música en inglés e a tocala
> na guitarra que o entendo bastante ben (sobre todo, cando se trata de
> cuestións técnicas. Outra cousa sería ler un libro de Shakespeare ou
> Tolkien, por suposto), aínda que non podo  redactalo con absoluta corrección
> (algunha cousa en concreto si pero non demasiadas). Pero iso non importa
> porque eu non vou escribir nada novo; só interpretar o que lea. Para que vos
> fagades unha idea, eu adoito coller a documentación en inglés e non en
> castelán nen en outro idioma porque estou tan acostumado que é máis natural
> para mín vela en inglés (a documentación que teño no ordenador sobre as
> cousas ás que eu me adico, téñoa toda en inglés: MySql, PHP, compilador gcc,
> libraría estándar do compilador, etc.). Eu escomencei con isto da
> informática hai moitos anos e, naquel intre, un atopaba tódalas mensaxes,
> tódolos manuais e mesmo case tódolos libros en inglés e, como eu son así,
> non podía contentarme con non entendelas. Eu son moi curioso, moi activo e
> aberto a aprender todo o que poida. A base de ir preguntando a xente que
> controlaba, de ir cantando cancións dos Beatles (entre outros) e lendo as
> traducións das letras, fun escomenzando a controlar algo (a sintaxe do
> inglés é bastante sinxela). Hoxe en día, ás veces, ata podo manter algunha
> conversa mínima. Cando se trata de velo escrito, é máis doado, claro está.
> Agora mesmo, mentras estou a redactar esta mensaxe, estou a escoitar a
> Simon&Garfunkel.
>
> Se me ofrezo a colaborar, é porque me interesa a causa que estamos a
> defender e porque considero que o campo que eu podo cubrir non o pode facer
> moita xente xa que a maior parte da xente que traballa con ordenadores son
> usuarios e non programadores. Ser programador require coñecementos moi
> específicos (e moi amplos) que, por suposto, non todo o mundo ten (e é
> lóxico: Os usuarios non teñen que preocuparse desas historias. Non todo o
> mundo que usa un coche, nen moitos menos, sabe cómo funciona). Aplicacións
> de usuario hai moita xente que as pode traducir (e mellor ca mín porque,
> precisamente, poden ter máis coñecementos dos que teño eu) pero cuestións
> técnicas ... (qué usuarios saben, por exemplo, o qué é a notación BNF, ou o
> qué é unha árbore binaria).
>
> Por onde querería escomenzar. Pois ... de principio, querería, por exemplo,
> facer traducións das páxinas do manual, ou da libraría do compilador de C.
> Tamén podo facer unha tradución da documentación de PHP, por exemplo, ou de
> MySql, ou de moitas outras cousas (a cuestión é ter tempo). Por exemplo, a
> versión da documentación de MySql que hai en castelán (tiven oportunidade de
> vela en castelán) non está completa: Hai un capítulo, o adicado as APIs, que
> non está traducido (alomenos, non estaba cando eu a vin), suponse que porque
> non é de interese xeral. Pero son traballos longos, claro. Podo ir facéndoos
> pouco a pouco e remitíndoos a medida que os vaia tendo. Irémolo falando
> porque agora mesmo tampouco sei se tedes xente currando neses campos.
>
> En todo caso, o que si precisaría saber e cómo teño que facer as cousas, é
> dicir, en qué formato debo remitir o meu traballo e, en todo caso, qué
> ferramentas podo usar. Sei, por exemplo, que hai un formato de ficheiro
> especial (os ficheiros po) que se usa pero é un tema que aínda non tiven
> tempo de investigar de todo aínda que me interesa moito porque pretendo
> incorporalo nas miñas aplicacións pero ... ¡hai tantas cousas que facer ...!
>
> En poucos días (presumiblemente, a fin de semana, que será cando teña máis
> tempo), penso remitir un exemplo do que podo facer, para que vos fagades
> unha idea. Tamén botarei un vistazo ao link que me mandades. Polo de agora
> ...
>
> I have not a very good english, then ...
>
> ¡A pasalo ben!
>
> Anxo.

Intenta enviar a mensaxe de resposta á rolda de correo. No que é a
tradución de documentación, quitando a documentación de un ou dous
ambientes de escritorio non se está traducindo nada, e iso inclúe as
páxinas man, as cales os responsables das traducións me recomendaron
non traducir se a tradución non ía ser perfecta e completa (supoño que
esa actitude súa é a razón de que só estean traducidas a tres ou catro
idiomas).

Respecto aos formatos e as ferramentas o tema é complicado. Hai unha
chea de ferramentas, e o formato Gettext (.po é a extensión dos
ficheiros das traducións) é usado na maior parte das traducións do
software libre, con algunhas excepcións algunhas delas moi importantes
(caso do OpenOffice.org). O tema da para moito e non sei se haberá
moita xente que o controle totalmente, e se te restrinxes a traducir
en tres ou catro sitios só precisarás coñecer unha ferramenta e punto,
aínda que os problemas están principalmente na tradución de
documentación.

Como o tema da para moito e hoxe teño o ánimo baixo tampouco vou
escribir moito máis sobre o tema. Isto lémbrame que temos pendente ir
confeccionando esa documentación actualizada da que falamos que polo
que vin este ano foi aparecendo bastante xente nova, quizais sexa a
nova xeración de tradutores...

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a