> Por certo, como vai o do irc?
> Na miña vida me conectei a ()ou con iso??
> Teño que instalar algo?
> Teño que ter unha conta diferente á de gmail?

Non necesitas rexistrarte.

Podes facer:
1. Usar un cliente de IRC, por exemplo chatzilla (engadido de FF) ou Xchat. 
Tutorial do XChat aquí: https://help.ubuntu.com/community/XChatHowto descarga 
aquí: http://www.xchat.org/docs/

No noso caso, con Xchat, só hai que escoller un nick (mira de que sexa único, 
p.ex sería raro que damufo non che valera), selecciona nos servidores freenode 
(xa está configurado) así que dalle a "conectar", no diálogo que aparece pon 
"unirse a esta canle" e escribe "#trasno" e listo.

2. Vía web: Irse a http://webchat.freenode.net/ escoller un nick, e de canle 
"trasno" e listo

Responderlle a