Boas:
Home, para dar un correo oficial sempre mellor oques...@trasno.net,
seguro que Jacobo nolo pode facer.
Incluso de momento válennos redireccións a esas contas de gmail do tipo:
i...@trasno.net -> proxectotra...@gmail.com e
votaci...@trasno.net -> votacións.proxectotra...@gmail.com
Miguel Branco escribiu:
Serei breve,
- Propoño unha quedada vía IRC na canle #trasno en freenode. este Xoves
8 dende as 21:00?. Serviría de asemblea constituínte
- Se estamos "todos", procedemos a realizar a votación da directiva,
senón adiamos a "asemblea virtual". Unha vez elixida directiva acordamos
un día para asinar fisicamente (max. en 20 días?) o documentos de
constitución e (e ese ou outro día o presidente e/ou secretario entregar
os papeis na Xunta, max en 1 mes?)
- teño rexistrados proxectotra...@gmail.com e
votacións.proxectotra...@gmail.com . A idea do segundo correo é para as
votacións: eu teño, obviamente o contrasinal da conta, pídovos que
votedes (dou un tempo), de último voto eu, unha vez eu realice o
reconto, publico resultados e douvos o contrasinal de xeito privado para
que poidades comprobar que o reconto se fixo correctamente. logo volvo a
cambiar o contrasinal etc A idea do primeiro é para dar un correo de
contacto nas papelames (poñer unha lista de correo ummm)