Minhoca escrebeu:
> Suso Baleato escribiu:
> > 
> > Habería que ir mirando qué posibilidades temos; teríades problema en buscar
> > un momento a semana próxima en santiago para xuntarnos físicamente? A partir
> > do martes 13 teño a axenda prácticamente libre (vantaxes de que lle corten a
> > un a cabeza por revolucionario).
> > 
> 
> Eu teño problemas á semá vindeira, e o tempo corre á nosa contra. Estou 
> disposto a falarmos físicamente este luns, festivo, pero á hora mais 
> tarde posibel (como se é de noite). Penso que os interesados en asistir 
> deberian contactar directamente con Suso e el organizase.
> 

Acabo de combinar con Minhoca para quedar este luns 12 en torno ás 20:00 en
Cangas e como non é un sitio precisamente céntrico, falamos de convocar outra
máis para o mércores 14 a esa mesma hora pero xa en Compostela, sitio por
definir (admítense suxerencias).

O propósito de ambas reunións será o mesmo: fazer inventario de recursos de
infraestructura e proxectar a súa posta en común para darlle continuidade aos
proxectos de Mancomún, lóxicamente priorizando os de g11n.

Sobra dizer que as dúas reunións son abertas, pode participar nelas quen queira,
e se alguén ten propostas (de recursos, de loxística...) pero non pode vir, que
mas faga chegar directamente ao correo ou ben a traverso desta rolda.

Saúdos e veña que vamos,

> 
> > Penso que se logramos definir unha plataforma o suficientemente aberta para
> > que toda esta xente teña cabida, e mesmo para atraer nova xente de cara ao 
> > futuro, entón teremos logrado o máis importante. Estou seguro de que o resto
> > irá chegando de forma natural.
> > 
> 
> Adiante.
> 
> -- 
> ---
>       Saúde.
> ......................................................................
> Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.
> 
> CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
> http://www.ciberirmandade.org
> 
> A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
> ......................................................................
> 
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> g...@mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

-- 
http://susinho.pagina.de/

Responderlle a