mvillarino escrebeu:
> > - Necesidade. Vou fazer de avogado do diaño: xa temos unha asociación que
> >  traballa neste eido, que ademais ten o mérito de ser a organización que 
> > máis
> >  tempo leva traballando en galeguización na rede e que ofreceu os seus 
> > recursos
> >  para o que a comunidade precise, deixando moi claro ademais que o principal
> >  beneficiario sería Trasno. Entón, se xa podemos contar coa Ciberirmandade:
> >  cal sería exactamente a necesidade de crear unha nova asociación? Ou por
> >  sermos prácticos: qué problema resolve exactamente a creación dunha nova
> >  asociación?
> 
> O proceso no que estamos mergullados de compor o Proxecto Trasno (PT)
> como persoa xurídica comezou definitivamente durante a Akademy-es 2009
> d'A Corunha. Inicialmente consideramos a idea de integrarnos dentro
> das Ciberirmandades da Fala (CIF), e mantivemos contactos con estas;
> agora ben, varias persoas membros do PT expresaron reparos debido a
> diverxencias en dous eidos: nos propósitos declarados das CIF e os
> desexados polos membros do PT e aliás no referente ás traducións de
> software privativo (SP) vs. software libre (FLOSS).
> Concretamente, recuamos por considerar que parte dos propósitos das
> CIF podían considerarse políticos -non me digas cais-, e porque nas
> CIF couve o SP, mentres que se desexaba manter o PT estritamente
> dentro do FLOSS.
> Mais nada.
> 

Dacordo, entón digamos que a creación da asociación resolvería un problema de
incompatibilidades entre algunha xente. Pensas que tan irreconciliables son as
posturas? A verdade é que eu preferiría que se traballara un pouco máis esas 
diferenzas tratando de atopar o común. Non merecería a pena traballar un pouco
máis ese aspecto? Eu dende logo animaríame e estaría disposto a involucrarme
personalmente niso. A verdade é que non se me ocurre qué problema pode haber,
pero bueno. Cousas veredes.

> 
> >  por qué
> >  unha asociación e non unha fundación por exemplo?
> 
> Antes que nada, por simplificar a xestión en xeral e as obrigas
> fiscais en particular (penso). Tamén se considerou fundala como
> instituto.
> 
> > En resumo: todo o meu apoio a calquera iniciativa, e se promove o
> > asociacionismo mellor. Como polo que dis o proxecto aínda o tedes nunha fase
> > moi embrionaria, estamos a tempo de resolver o principal problema que é o do
> > consenso: quedamos pendentes entón de que publiquedes ese rascuño de 
> > estatutos
> > para dar comezo á posta en común e discutilos abertamente entre todos.
> 
> Varias versións previas foron publicadas na rolda de correo do PT,
> sendo reformados para adaptar os seguintes puntos:
> -Nome da asociación,
> -Propósito,
> -Composición da xunta directiva,
> -Método de elección da directiva,
> -outros.
> 

Entón seguramente teñades avanzado algo máis que un borrador; cando cres que
poderedes ter lista unha versión suficientemente madura para que poidamos 
valorala eiquí na lista abertamente entre todos? (ou na de reposto, caso de
que desmantelen esta). Presa non hai pero compre ir avanzando, ademais de que
teríamos que determinar tamén cal sería o papel da Ciberirmandade nese novo
esquema.

> > O único que sí era urxente era evitar que
> > o proceso de desmantelamento de Mancomún ocasionara a perda dos datos e da
> > comunicación; máis grazas ao ofrecemento da Ciberirmandade eso quedou 
> > resolto:
> > xa temos a rolda alternativa e xa iniciamos o proceso de copia de seguranza 
> > da
> > información pública; na xuntanza de hoxe imos facer avaliación do traballo 
> > de
> > cada un de nós e ver cómo continuamos.
> 
> Moi interesante e mesmo imprescindíbel para cousas como a forxa.

Sip... a ver cando poden os compas da Ciberirmandade abrir as contas para ir
completando esa copia de seguranza colectivamente, ou polo menos que a xente
do CESGA e de Trasno poidades poñer ahí o que faga falta. Supoño que deso 
habemos
falar hoxe tamén... eu era partidario de scp con chave RSA, pero igual ten
razón quen di que son un pouco paranoico de máis, ademais é info pública.
Igual cun ftp estándar xa vale. O dito, ideas son benvidas.

En fin, marcho parlamentar, en canto saia vou xa directo para a xuntanza. 

Veña que vamos!! :) 


> _______________________________________________



> G11n mailing list
> g...@mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

-- 
http://susinho.pagina.de/

Responderlle a