2009/10/14 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
>
> Olá,
>
> Quería aclarar este punto, o da "politización" porque penso que se explicou
> insuficientemente/entendeu mal.
>
> Os debates internos sobre de formar asociación en Trasno remóntanse ben
> probablemente ó primeiro g11n ou pouco despois. Dende daquela valoramos
> varias formulas, incluídas o de nos acoller formalmente no seo das CIF. Así 
> volo
> fixemos saber e agradecemos o voso excelso tratamento e disposición a nos
> escoitar.
>
> Pero ó miolo, finalmente decantámonos por non optar por esa opción. En mente
> tiñamos que trasno tiña unha idiosincrasia propia; que o único que debía
> centrar a trasno era a localización, porque é unha misión moi específica pero
> a vez densa abondo (hai moito traballo por diante na materia) e que debía
> poder integrar a xente de tódalas tendencias políticas/lingüísticas. Eu fun
> dos que opinaba que _non_ nos debiamos integrar en CIF, e era polo seguinte:
>
> - formar unha asociación é factible: xa eramos un grupo, o paso lóxico é
> oficializalo
> - os obxectivos das CIF son máis amplos cós de trasno e opino que trasno
> deberíase focalizarse como organización
> - o factor máis "frontista" de CIF (e ollo, non digo que sexa nada "malo"),
> opino, non beneficiaria a trasno á hora de recrutar xente (xente "reacia" a
> posturas que se poden entender como máis políticas ca culturais). Poño como
> exemplo en [*] algunha nova que enlazades que a _algunha_ xente podería botar
> cara a atrás á hora de colaborar. Non falo de min persoalmente.

+1 pero esqueciches algunha outra razón como a de que se somos
asociación temos control absoluto dos recursos o que nos permitiria
facer arranxos de forma inmediata e instalar o que nos petara.

> Para min os obxectivos das CIF son loables, compártoos ó 99% e desexo que
> sigades na rede dando caña 1000 primaveras máis penso que se necesita un grupo
> adicado á l10n en exclusiva, unicamente cultural e que aspire a ser referencia
> para todos os galegofalantes (falo de aceptación dun estándar léxico
> informático que a xente recoñeza e acepte, por exemplo).

+1

> [*]
> http://www.ciberirmandade.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=1047:recebimento-
> nacional-aos-ex-presos-independentistas-santiago-vigo-e-jose-manuel-sanches-o-
> sabado-17&catid=92:novas-dos-usuarios-e-usuarias&Itemid=130

Ata logo,
                 Leandro Regueiro

Responderlle a