Boas,

Acaba de avisar Susana de que temos dispoñibel a sá de videoconferencia
da Faculdade de Filoloxía da USC; a falta doutras alternativas, ahí 
estaremos mañá mércores 14 ás 20:00 para continuar avanzando nas propostas
de Cangas; por suposto, reunión aberta a quen queira participar nela, tanto
presencialmente como facendo aportacións vía correo.

Saúdos e avante toda!



Suso Baleato escrebeu:
> Suso Baleato escrebeu:
> > Minhoca escrebeu:
> > > Suso Baleato escribiu:
> > > > 
> > 
> > O propósito de ambas reunións será o mesmo: fazer inventario de recursos de
> > infraestructura e proxectar a súa posta en común para darlle continuidade 
> > aos
> > proxectos de Mancomún, lóxicamente priorizando os de g11n.
> > 
> > Sobra dizer que as dúas reunións son abertas, pode participar nelas quen 
> > queira,
> > e se alguén ten propostas (de recursos, de loxística...) pero non pode vir, 
> > que
> > mas faga chegar directamente ao correo ou ben a traverso desta rolda.
> > 
> 
> Dou conta da xuntanza de hoxe, longa como se pode ver polas horas, mais
> fructífera como se verá, na que estivemos Minhoca e máis Medulio pola 
> Ciberirmandade, Susana Sotelo e mais eu.
> 
> Todo o que se expón son propostas, que se expoñen eiquí para consideración
> xeral e nas que continuaremos avanzando na reunión prevista para Compostela
> (o mércores 14 ás 20:00) en lugar por concretar (admítense ofrecementos de 
> local, a ser posibel con aparcadoiro fácil).
> 
> NATUREZA
> --------
> Hai acordo pleno en que a alternativa a Mancomún non pode ser institucional
> nin tampouco pode consistir en crear unha nova asociación, ou unha federación
> de asociacións pola súa complexidade e por que non hai masa crítica para iso,
> máxime cando Trasno está en pleno proceso constituínte, e máis se cabe cando
> a cultura da "leiriña" está tan asentada entre nós, e sempre resulta 
> complicado
> facer cousas conxuntamente. Por tanto non se trataría de crear unha nova
> persona xurídica, senón un conxunto de recursos comúns que sexan útiles, na
> liña metodolóxica definida no g11n, compartidos polas distintas personas
> físicas e xurídicas que conforman a comunidade de localización, partindo dos
> consensos aceitados por todos que permiten ir aproximando posturas mentres 
> cada
> quen pode traballar dende o seu recuncho, e onde tanto as asociacións 
> existentes,
> como grupos de voluntarios, voluntariado individual sen vinculación e demais 
> axentes colaboran de mutuo acordo e por vontade propria. Neste sentido 
> identifícanse os consensos do g11n como punto de partida sólido sobre o que
> medrar, e por eso o foco debe continuar centrado na galeguización do software.
> Todo o que veña a maiores, benvido sexa.
> 
> NOME
> ----
> Había varias propostas (Mankomuna, Komuna e outras, con "k" para marcar a
> indepencia institucional) que foron descartadas en favor de "g11n", máis
> neutro, menos marcado, como acrónimo de galeguización que xa coñecemos. O 
> motivo
> é que este é un nome que todas as personas involucradas identifican 
> claramente,
> está asociado aos consensos actuais, é curto, xa dispoñeríamos de nomes de 
> dominio
> e de imaxe corporativa -lembrar que o traballo de deseño foi cedido á 
> comunidade
> con este propósito. Por outra parte tampouco se trata de crear un mancomún-2
> idéntico, e por que á hora de priorizar os temas relacionados coa língua son 
> os
> que vemos como máis críticos. 
> 
> RECURSOS
> --------
> Os recursos dos que dispoñemos son:
> 
> - Servidor adicado: sería un servidor Debian contratado pola Ciberirmandade,
>   con tanto espazo en disco e xigas de transferencia como sexa preciso 
>   comezando polo mínimo e aumentando baixo demanda, todo elo até o límite 
>   que a asociación poida costear por suscripción popular. Trataríase dun
>   servidor independente e separado do da Ciberirmandade que eles manterían 
>   en funcionamento pero que sería configurado en función das necesidades
>   definidas pola comunidade. Neste servidor terían cabida as copias de
>   seguranza e os servizos "gráficos" como foros, buscador terminolóxico,
>   glosario, wikis, webs, e demais posibilidades que se acorden. Este servidor
>   ten as funcionalidades estándar dos hostings actuais con panel de control,
>   scripts de instalación e similares. Compre sinalar que esta asociación non
>   acepta subvencións, decisión que tomaron para garantir a súa total
>   independencia.
>   
> - Servidor de emerxencia: trátase do servidor que eu puxen en marcha para
>   respaldar o proceso de desinstitucionalización iniciado en maio (ver
>   diagrama adxunto [1]) fornecendo un repositorio común para todas as 
> traducións, 
>   unha rolda de correo (a rolda g11n de mancomún, que sería trasladada aquí)
>   e a xestión dos dominios g11n. Tal como pode verse no cronograma, o proceso
>   de desinstitucionalización estaba planificado para dous anos; posto que era
>   vital manter estes servizos funcionando á marxe das institucións, decidín
>   asumir personalmente e por adiantado o custe de mantenemento deste servidor
>   pois non atopaba outra alternativa para garantir a continuidade das
>   traducións de Mozilla, OpenOffice e GNOME. Unha vez coñecido o ofrecemento
>   da Ciberirmandade, e tras falalo hoxe, optei por donar este servidor, xunto
>   cos dominios rexistrados, como "servidor de emerxencia" que durante os dous
>   próximos anos garantize as comunicacións da comunidade. Transcurrido este
>   tempo decidiríamos conxuntamente qué fazer con eses recursos (igual para
>   ese día inventouse un traductor automático por intelixencia artificial e xa
>   non facemos falta.)
> 
> ALCANCE
> -------
> Despois de examinar o amplo espectro de actividades de Mancomún (observación,
> formación, difusión, implantación, desenvolvemento, localización e soporte) e
> contrastalos cos recursos que temos, viuse claro que era preciso priorizar
> seleccionando aquelo que, resultando de maior importancia, poidamos abarcar.
> E despois de darlle voltas, chegamos á conclusión de as áreas nas que imos
> poder aportar son as de desenvolvemento -fornecendo unha copia de seguranza-
> e a de localización -fornecendo a continuidade dos proxectos de localización.
> 
> Con respeito a de desenvolvemento (forxa, araos, galinux, golfinho, monifate
> e demais) enténdese que, pola súa natureza, o protagonismo debe corresponder
> ás asociacións de linux e ás empresas de enxeñería software que son as que
> mellor saberán selecionar qué proxectos dos existentes deben ser continuados
> e cómo facelo. Porén, como non percibimos sinais de actividade deles dende
> fai meses, compre evitar que pola súa falta de iniciativa desapareza todo o
> código da rede. Por tanto a acción que se propón tomar é abrir unha conta no
> servidor adicado para que o personal que aínda queda no CESGA poida programar
> unha copia de  seguranza, que quedaría accesíbel para que no futuro poida
> reutilizarse o material evitando que se perda.
> 
> Con respeito a localización, enténdese que hai un problema estructural e un
> problema crítico. O problema crítico é que desapareza a rolda g11n antes de
> que fora trasladada ao servidor de emerxencia, en cuxo caso a comunicación
> -e o proceso de desinstitucionalización- quedaría interrompida, e por eso 
> acción [[ _urxente_ ]] que se propón e facer copia de seguridade da rolda de
> mancomún e trasladala ao servidor de emerxencia. O problema estructural é a
> falta de xente, e nesto proponse recuperar a proposta de dorfun [2] no g11n 
> sobre a activación de redes sociais -ou algo similar- de xeito que poidamos
> atraer o interese de xente próxima ao tema da língua. Pénsase que o sistema 
> de roldas está ben para a xente que leva tempo, pero para a xente nova é
> necesario algo máis gráfico, ben sexan foros, ben sexa intervindo en
> facebooks, tuentis e demais, ou se cadra montando unha rede propria. Todo
> esto habería que ilo concretando, e disporíamos do servidor adicado para
> hospedalo. Proponse comezar abrindo foros. Lóxicamente habería que poñer en
> marcha alternativas aos servizos que funcionan en Mancomún ou que haxa que
> montar e aínda non estén, como unha web terminolóxica e similares, que irían
> sendo definidos pola comunidade.
> 
> Ben, faláronse máis cousas, pero o que vemos claro os que estivemos é isto
> que tratei de reflexar. O próximo mércores xuntámonos para discutir o que se
> comente até entón; reunión aberta como sempre, en canto teñamos claro o sitio
> xa avisamos. 
> 
> [1] O cronograma reflexa o meu plan de traballo até 2012. Por suposto cousas 
>     como a Ley de Estándares Abertos, o proxecto de Migración da Xunta a SW
>     Libre ou a consolidación do personal contratado no CESGA foron abortadas 
>     polo novo goberno, mais a parte referida a g11n sí que sería posibel
>     mantela se queremos. As liñas vermellas son as tarefas "oficiais" a levar
>     a cabo dende Mancomún, as azuis as de comunidade, e as verdes son as miñas
>     iniciativas personais. Usar o zoom para vela completa: as tarefas da
>     parte superior correspóndense coa parte máis oficial, e as de abaixo coa
>     máis comunitaria, como vedes, van sincronizadas.
> 
> [2] "Nisto Dorfun da Dorfunteca propón aplicar mecánica das redes sociais á
>     comunidade de tradución para mellorar a comunicación interna e para
>     permeabilizarse e que poida participar xente nova" nos consensos do g11n.
> 
> > Saúdos e veña que vamos,
> > 
> > > 
> > > > Penso que se logramos definir unha plataforma o suficientemente aberta 
> > > > para
> > > > que toda esta xente teña cabida, e mesmo para atraer nova xente de cara 
> > > > ao 
> > > > futuro, entón teremos logrado o máis importante. Estou seguro de que o 
> > > > resto
> > > > irá chegando de forma natural.
> > > > 
> > > 
> > > Adiante.
> > > 
> > > -- 
> > > ---
> > >       Saúde.
> > > ......................................................................
> > > Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.
> > > 
> > > CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
> > > http://www.ciberirmandade.org
> > > 
> > > A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
> > > ......................................................................
> > > 
> > > _______________________________________________
> > > G11n mailing list
> > > g...@mancomun.org
> > > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
> > 
> > -- 
> > http://susinho.pagina.de/
> > _______________________________________________
> > G11n mailing list
> > g...@mancomun.org
> > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
> 
> -- 
> http://susinho.pagina.de/



-- 
http://susinho.pagina.de/

Responderlle a