"Ping" éche unha palabra un tanto peculiar. Eu tiña entendido que
"ping" nacera como unha onomatopeia, e mirando na wikipedia
(http://en.wikipedia.org/wiki/Ping), parece que algo diso hai (cito):

Mike Muuss wrote the program in December, 1983, as a tool to
troubleshoot odd behavior on an IP network. He named it after the
pulses of sound made by a sonar [...]

É dicir, ping chámase ping porque é o "análogo" en computadores ao son
que emite un sónar, un sinal que, de obter resposta, indica que aí hai
algo.

Para traducilo: poooois... podemos poñernos un pouco máis "técnicos" e
cambiar ping por "paquete de solicitude de resposta" (como nome), e
"mandar un paquete de solicitude de resposta" como verbo, ou obviar o
de "paquete"... Pero non sei se isto ía quedar o suficientemente
específico como para que se entendera...

Persoalmente, "ping" e "facer ping" gústancheme bastante... Pero
vaia... non son ningún experto en tradución nin nada.

Máis opinións?

2009/10/12, Manuel Souto Pico <m.soutop...@gmail.com>:
> Ola,
> Revisando no Logaliza e no Open-tran [1] as traducións de segmentos con
> 'ping' no inglés, tanto como verbo como como substantivo, vexo que a maioría
> das veces está traducido como 'facer ping'. Tamén vin algunha como 'aplicar
> o comando ping a unha máquina', mais non é representativo.
>
> Contodo, hai algunha tradución que prescinde da palabra 'ping', que é o que
> estou procurando: unha maneira alternativa de traducir este termo que sexa
> clara para o usuario leigo e aceptábel para persoas cun perfil máis técnico.
> Encontrei, como verbo:
>
> ping the host > verificar o anfitrión
> ping subnet > contactar coa subrede
> ping local subnetwork > procurar na rede local
>
> No glosario de Trasno non vén e no de mancomún vén 'ping > ping' pero non se
> especifica se é substantivo ou verbo.
>
> Non sei se a tradución de "facer ping" foi algo consensuado nalgún momento,
> ou é un uso corrente que fan os informáticos (supoño que si), ou é algo
> improvisado. De todas as formas, mesmo se é un uso corrente por parte de
> informáticos, talvez conveña distinguir o uso coloquial que se fai cando se
> falar de usar ese comando (no que sempre se menciona o comando) e un uso
> máis formal en que o importante talvez sexa o significado da operación en si
> e non tanto o comando que se usa.
>
> Parécevos que algunha das traducións expostas (*verificar*, *contactar*,
> etc.) ou outra que se vos ocorra pode expresar o que fai o comando 'ping'?
> Se si, parécevos posíbel e/ou desexábel traducir este termo con algunha
> desas formas galegas? Pensades que sería aceptado?
>
> Unha aperta, Manuel
>


-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es

Responderlle a