2009/10/12 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> 2009/10/12 Manuel Souto Pico <m.soutop...@gmail.com>:
>> Grazas, Miguel.
>>
>> 2009/10/12 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>
>>>
>>>
>>> 2009/10/12 Manuel Souto Pico <m.soutop...@gmail.com>
>>>>
>>>> Ola,
>>>> Revisando no Logaliza e no Open-tran [1] as traducións de segmentos con
>>>> 'ping' no inglés, tanto como verbo como como substantivo, vexo que a 
>>>> maioría
>>>> das veces está traducido como 'facer ping'. Tamén vin algunha como 'aplicar
>>>> o comando ping a unha máquina', mais non é representativo.
>>>> Contodo, hai algunha tradución que prescinde da palabra 'ping', que é o
>>>> que estou procurando: unha maneira alternativa de traducir este termo que
>>>> sexa clara para o usuario leigo e aceptábel para persoas cun perfil máis
>>>> técnico. Encontrei, como verbo:
>>>> ping the host > verificar o anfitrión
>>>> ping subnet > contactar coa subrede
>>>> ping local subnetwork > procurar na rede local
>>>> No glosario de Trasno non vén e no de mancomún vén 'ping > ping' pero non
>>>> se especifica se é substantivo ou verbo.
>>>> Non sei se a tradución de "facer ping" foi algo consensuado nalgún
>>>> momento, ou é un uso corrente que fan os informáticos (supoño que si), ou é
>>>> algo improvisado. De todas as formas, mesmo se é un uso corrente por parte
>>>> de informáticos, talvez conveña distinguir o uso coloquial que se fai cando
>>>> se falar de usar ese comando (no que sempre se menciona o comando) e un uso
>>>> máis formal en que o importante talvez sexa o significado da operación en 
>>>> si
>>>> e non tanto o comando que se usa.
>>>> Parécevos que algunha das traducións expostas (verificar, contactar,
>>>> etc.) ou outra que se vos ocorra pode expresar o que fai o comando 'ping'?
>>>> Se si, parécevos posíbel e/ou desexábel traducir este termo con algunha
>>>> desas formas galegas? Pensades que sería aceptado?
>>>> Unha aperta, Manuel
>>>
>>> Eu xuraría que quen pariu a orde "ping" o que fixo foi empregar unma
>>> onomatopeia...
>>>
>>> Unha orde "ping" o que pretende e obter un eco como resposta, as
>>> características (ou a ausencia) dese eco é a resultante desa orde e os datos
>>> que fornece ese eco é o que se vai a procesar para obter unha verificación
>>> (de presencia na rede) dun anfitrión ou da confirmación dunha conexión cunha
>>> subrede, etc...
>>>
>>> De ser preciso traducilo eu traduciriao por algo como "petición de eco",
>>> "petición de resposta" ... pero creo que a sinxeleza, concreción e o feito
>>> de que "ping" estea xa tan arraigado faino innecesario.
>>>
>>> Neste momento, falemos con quen falemos, novel ou administrador de redes,
>>> a orde para facer un "ping" non ten dúbidas
>>
>> Vale. A tradición pesa e a brevidade do inglés é práctica.
>>>
>>> NOTA:
>>> Levo días a corrixindo por todolos lados o termo "comando" e
>>> substituindoo, xa que creo que tódolos comandos, neste momento, están en
>>> afganistan cabreados.
>>
>> Tes bastante traballo, logo. Falárase deste termo hai meses e creo que non
>> chegáramos a ningunha conclusión. Nos glosarios de Mancomún e Trasno en liña
>> segue "comando" como forma recomendada e nos corpus (Logaliza, Open-tran,
>> etc.) os resultados son esmagadores a favor do "comando", así que esa é o
>> termo que eu uso cando traduzo e cando reviso.
>
> Quero anotar que malia o que diga o glosario do wiki de Mancomún
> (obsoleto neste momento) a tradución regular de command que aplicamos
> alí é "orde" . Todo Gnome está xa con "orde". É unha das poucas claras
> melloras
>
>> De novo, que se lles chame comandos aos continxentes en Afganistán non
>> impide que outras cousas poidan ter o mesmo nome. Negar iso é negar a
>> homonimia, que é inherente á linguaxe. Ademais, é outro campo de coñecemento
>> que non ten nada que ver.
>> Apertas, Manuel
>
> Certo, pero nunca na vida a palabra comando se referiu a outro sentido
> que non fose a persoas. A tradución de command por orde ou mando
> (chain of command) é xeral non só en galego. Outros valores son
> "innovacións" que deben estudarse para ver se xustifican a súa
> necesidade para non caer nos préstamos de luxo, que como sabemos son
> de luxo porque se incorporan a custa dunha palabra patrimonial.
>
> O uso de command en inglés obedece simplemente a unha imitación da
> linguaxe militar, e nós xa temos terminoloxía militar asentada. É un
> anglicismo innecesario que se usa creo eu que por irreflexión. Os
> profesionais intérpretes creo que teñen un nome para este tipo de
> traducións "polo aire" que valen como informais pero non me acorda
> agora. A neoloxía é necesaria cando soluciona problemas pero non por
> simple uso que pode obedecer a razóns do máis peregrino: aínda hoxe
> oín na tele a alguén dicindo que a súa veciña tiña un garden na porta
> da casa... (aceptamos garden como pequeno xardín urbano?) e tiña o
> home uns 60 anos !
>
> Máis complicados son xa os casos de novidades técnicas como "command
> pattern" = patrón de deseño?
> porque aí nin comando nin orde nin mando pintan gran cousa.
>

Responderlle a