Antón Méixome escribiu:
2009/10/12 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
2009/10/12 Manuel Souto Pico <m.soutop...@gmail.com>:
Grazas, Miguel.

2009/10/12 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>

2009/10/12 Manuel Souto Pico <m.soutop...@gmail.com>
Ola,
Revisando no Logaliza e no Open-tran [1] as traducións de segmentos con
'ping' no inglés, tanto como verbo como como substantivo, vexo que a maioría
das veces está traducido como 'facer ping'. Tamén vin algunha como 'aplicar
o comando ping a unha máquina', mais non é representativo.
Contodo, hai algunha tradución que prescinde da palabra 'ping', que é o
que estou procurando: unha maneira alternativa de traducir este termo que
sexa clara para o usuario leigo e aceptábel para persoas cun perfil máis
técnico. Encontrei, como verbo:
ping the host > verificar o anfitrión
ping subnet > contactar coa subrede
ping local subnetwork > procurar na rede local
No glosario de Trasno non vén e no de mancomún vén 'ping > ping' pero non
se especifica se é substantivo ou verbo.
Non sei se a tradución de "facer ping" foi algo consensuado nalgún
momento, ou é un uso corrente que fan os informáticos (supoño que si), ou é
algo improvisado. De todas as formas, mesmo se é un uso corrente por parte
de informáticos, talvez conveña distinguir o uso coloquial que se fai cando
se falar de usar ese comando (no que sempre se menciona o comando) e un uso
máis formal en que o importante talvez sexa o significado da operación en si
e non tanto o comando que se usa.
Parécevos que algunha das traducións expostas (verificar, contactar,
etc.) ou outra que se vos ocorra pode expresar o que fai o comando 'ping'?
Se si, parécevos posíbel e/ou desexábel traducir este termo con algunha
desas formas galegas? Pensades que sería aceptado?
Unha aperta, Manuel
Eu xuraría que quen pariu a orde "ping" o que fixo foi empregar unma
onomatopeia...

Unha orde "ping" o que pretende e obter un eco como resposta, as
características (ou a ausencia) dese eco é a resultante desa orde e os datos
que fornece ese eco é o que se vai a procesar para obter unha verificación
(de presencia na rede) dun anfitrión ou da confirmación dunha conexión cunha
subrede, etc...

De ser preciso traducilo eu traduciriao por algo como "petición de eco",
"petición de resposta" ... pero creo que a sinxeleza, concreción e o feito
de que "ping" estea xa tan arraigado faino innecesario.

A min o de eco pareceme unha boa tradución. Era xusto na que pensei cando lin a primeira mensaxe do fío. Eu cando fago un ping o que miro é se hai resposta ao que envío (espero un eco). Unping... pois... sen eco. Para o verbo, pois solicitar/comprobar eco. Outra cousa é a orde que se usa na consola "ping" igual que "ls", ou "cd".


Neste momento, falemos con quen falemos, novel ou administrador de redes,
a orde para facer un "ping" non ten dúbidas
Vale. A tradición pesa e a brevidade do inglés é práctica.
NOTA:
Levo días a corrixindo por todolos lados o termo "comando" e
substituindoo, xa que creo que tódolos comandos, neste momento, están en
afganistan cabreados.
Tes bastante traballo, logo. Falárase deste termo hai meses e creo que non
chegáramos a ningunha conclusión. Nos glosarios de Mancomún e Trasno en liña
segue "comando" como forma recomendada e nos corpus (Logaliza, Open-tran,
etc.) os resultados son esmagadores a favor do "comando", así que esa é o
termo que eu uso cando traduzo e cando reviso.
Non concordo. O de traducir unha cousa porque todos o fan así a pesar de non ser a máis correcta non me parece unha boa opción.

Quero anotar que malia o que diga o glosario do wiki de Mancomún
(obsoleto neste momento) a tradución regular de command que aplicamos
alí é "orde" . Todo Gnome está xa con "orde". É unha das poucas claras
melloras

De novo, que se lles chame comandos aos continxentes en Afganistán non
impide que outras cousas poidan ter o mesmo nome. Negar iso é negar a
homonimia, que é inherente á linguaxe. Ademais, é outro campo de coñecemento
que non ten nada que ver.
Apertas, Manuel
Certo, pero nunca na vida a palabra comando se referiu a outro sentido
que non fose a persoas. A tradución de command por orde ou mando
(chain of command) é xeral non só en galego. Outros valores son
"innovacións" que deben estudarse para ver se xustifican a súa
necesidade para non caer nos préstamos de luxo, que como sabemos son
de luxo porque se incorporan a custa dunha palabra patrimonial.

O uso de command en inglés obedece simplemente a unha imitación da
linguaxe militar, e nós xa temos terminoloxía militar asentada. É un
anglicismo innecesario que se usa creo eu que por irreflexión. Os
profesionais intérpretes creo que teñen un nome para este tipo de
traducións "polo aire" que valen como informais pero non me acorda
agora. A neoloxía é necesaria cando soluciona problemas pero non por
simple uso que pode obedecer a razóns do máis peregrino: aínda hoxe
oín na tele a alguén dicindo que a súa veciña tiña un garden na porta
da casa... (aceptamos garden como pequeno xardín urbano?) e tiña o
home uns 60 anos !

Máis complicados son xa os casos de novidades técnicas como "command
pattern" = patrón de deseño?
porque aí nin comando nin orde nin mando pintan gran cousa.



Responderlle a