Ola,
Revisando no Logaliza e no Open-tran [1] as traducións de segmentos con
'ping' no inglés, tanto como verbo como como substantivo, vexo que a maioría
das veces está traducido como 'facer ping'. Tamén vin algunha como 'aplicar
o comando ping a unha máquina', mais non é representativo.

Contodo, hai algunha tradución que prescinde da palabra 'ping', que é o que
estou procurando: unha maneira alternativa de traducir este termo que sexa
clara para o usuario leigo e aceptábel para persoas cun perfil máis técnico.
Encontrei, como verbo:

ping the host > verificar o anfitrión
ping subnet > contactar coa subrede
ping local subnetwork > procurar na rede local

No glosario de Trasno non vén e no de mancomún vén 'ping > ping' pero non se
especifica se é substantivo ou verbo.

Non sei se a tradución de "facer ping" foi algo consensuado nalgún momento,
ou é un uso corrente que fan os informáticos (supoño que si), ou é algo
improvisado. De todas as formas, mesmo se é un uso corrente por parte de
informáticos, talvez conveña distinguir o uso coloquial que se fai cando se
falar de usar ese comando (no que sempre se menciona o comando) e un uso
máis formal en que o importante talvez sexa o significado da operación en si
e non tanto o comando que se usa.

Parécevos que algunha das traducións expostas (*verificar*, *contactar*,
etc.) ou outra que se vos ocorra pode expresar o que fai o comando 'ping'?
Se si, parécevos posíbel e/ou desexábel traducir este termo con algunha
desas formas galegas? Pensades que sería aceptado?

Unha aperta, Manuel

Responderlle a