Ola moi boas. Desexo presentarme, chámome Anxo e teño 22 anos e estou metido no mundo do software libre dende fai cousa de 2 anos. As distribucións que uso son Ubuntu máis Kubuntu, aparte de todo iso son técnico en administración de sistema informáticos e teño nivel de coñecementos de C,C++ e Java, por tanto agardo que me dea un plus de coñementos cara a tradución.
Levaba xa apuntado dende facía cousa de meses nas listas de Mancomun, pero por motivos persoais non tiña tempo para dedicarme a traducir, e agora non e que teña moito tempo tampouco, pero algo teño máis penso que poido colaborar e axudar para ver cantas máis aplicación ao noso idioma mellor. Logo, preciso dunha especie de "*mestre*" ou "*guía*" que me poida axudar a dar os primeiros pasos no mundo da tradución: por onde comezar, que debo facer, etc.... Pois nada máis; agardo algunha resposta. Ata enttón un saúdo!

