> 2009/10/23 Anxo Outeiral Vidal <[email protected]>: > > Ola moi boas. Desexo presentarme, chámome Anxo e teño 22 anos e estou > > metido no mundo do software libre dende fai cousa de 2 anos. As > > distribucións que uso son Ubuntu máis Kubuntu, aparte de todo iso son > > técnico en > > administración de sistema informáticos e teño nivel de coñecementos de > > C,C++ e Java, por tanto agardo que me dea un plus de coñementos cara a > > tradución. > > > > Levaba xa apuntado dende facía cousa de meses nas listas de Mancomun, > > pero por motivos persoais non tiña tempo para dedicarme a traducir, e > > agora non e que teña moito tempo tampouco, pero algo teño máis penso que > > poido colaborar e axudar para ver cantas máis aplicación ao noso idioma > > mellor. > > Logo, preciso dunha especie de "mestre" ou "guía" que me poida axudar a > > dar os primeiros pasos no mundo da tradución: por onde comezar, que debo > > facer, etc.... > > > > Pois nada máis; agardo algunha resposta. Ata enttón un saúdo! > > Agora non teño moito tempo. Douche a benvida. Dis que non tes moita > idea de como traducir, déixolle iso a outros. > > Agora estamos buscando tradutores xa que imos ter que asumir a > tradución dos proxectos que levaba Mancomún ata o de agora, asi que > onde traducir vai haber, que che gustaría traducir a ti?
Non sei cando pecha a tradución de Gnome, pero ao mellor poderías traducir algo con Launchpad (unha ferramenta de tradución en liña dende o navegador, na miña opinión útil para comezar). Logo, cando esteas afeito ás normas de estilo e compañía (bótalle unha ollada aos recursos en trasno.net) xa che tocará elixir bando na guerra KDE vs GNOME XD Benvido!

