Informe á Trasno da xuntanza celebrada en Santiago o día 24 de outubro as 17:30 para encamiñar a creación dun ente, federación, asociación de asociación, etc... chamemoslle como queiramos, pero que de momento, de xeito coloquial, que non definidor chamamos "federación del GULs". e cuio fin será, se así se acorda, ser un aglutinador dos distintos grupos existentes, ou que puideran existri, vencellados ao S.L.
Asistentes: GLUC Galite Inestable Ghandalf Galpon Trasno excusaron a súa asistencia por non poder acudir nesa data e hora Agnix Ousli Do resto de asocs. non temos coñecemento. Despois dunha analis, facendo un pouco de "politica ficción", xa que dada a inexistencia dunha postura coñecida e pública da administración, tan so podiamos falar de informacións illadas, moi particulares e dende a perspectiva que cada quen tiña do futuro próximo. Esta analise poderíase concretar en que a administración non vai a "perder o tempo" falando cunha comunidade segmentada, illada e pouco "socializada". Polo que a necesidade dun "ente aglutinador" perfilase como a mellor, senón a única, opción de futuro. Esbozaronse ideas do tipo: A federación podería ser un interlocutor válido e unitario ca comunidade do SL galego. A federación podería ser o medio para acometer unha "campaña" de visibilización cara a sociedade, non só do SL senón tamén das comunidades que o conforman. A federación podería ser o voceiro da comunidade. Falamos tamén de servizos que podería fornecer a federación cara aos entes agrupados como a contratación por xunto dunha asesoria especializada no 3º sector, a disponibilidade de recursos técnicos comúns, como podería ser a contratación dun servidor tecnicamente avanzado con gran capacidade para acoller todos os proxectos da federación e dos seus asociados, no canto de que cadanseu teña que contratar un servidor. Falouse da posibilidade de coordenar/referenciar os distintos proxectos nos que cada quen (grupo) traballa (ou quere facelo) a fin de evitar duplicidades de esforzo e poder artellar/incentivar a colaboración nestes proxectos de membros doutro(s) grupo(s) que poidan estar interesados neles. Cara a unha próxima xuntanza que quedou convocada para o primeiro fin de semana de decembro na estrada os respresentantes presentes quedamos na obliga/compromiso de falar nos nosos respectivos guls/grupos dos seguintes temas, a fin de aportar a este grupo de representantes a visión que hai en cada grupo sobre distintos puntos criticos. 1.- Quenes poderan formar parte desta federación? 2.- Que deben demandar / Que precisan os guls/grupos da pretendida federación? Xa para rematar decidimos que a lista de discusión dos representantes sexa de pública lectura pero que só poidan editar os representantes electos/nomeados de cada gul/grupo (un por cada). Para iso empregarase a lista que facilitou GALPon e que neste momento administra o seu representante. Acordouse que un grupo de xente de Ghandalf estude os termos legais, posibilidades, formas de asociación etc... a fin de ter, nesa próxima xuntanza un pouco crarexado o aspecto legal. Falouse do tema do nome/marca e decidiuse que sexa o último do que se discuta, xa que pode verse afectado pola estructura legal que poidera acordarse. Nestes días enviaremos un correo a todos os posibles interesados e a lista de guls de mancomun por si algúns dos xa inscritos na lista queren facer algún cambio ou si algún que non se inscribiu (pola causa que fora) e agora desexa facelo, que poida facelo. -- Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx, .ppt, .pptx Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO (ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/ Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala [email protected]

