2009/10/27 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
> A federación podería ser un interlocutor válido e unitario ca comunidade do
> SL galego.

sen prexuízo de que cada membro federado conserve as súas facultades
para iniciar, continuar  ou adherirse ás actividades proprias de seu,
segundo as teña definidas no seu estatuto, dentro do ámbito
territorial do membro.

> A federación podería ser o medio para acometer unha "campaña" de
> visibilización cara a sociedade, non só do SL senón tamén das comunidades
> que o conforman.
> A federación podería ser o voceiro da comunidade.

Conforme


> Falamos tamén de servizos que podería fornecer a federación cara aos entes
> agrupados como a contratación por xunto dunha asesoria especializada no 3º
> sector, a disponibilidade de recursos técnicos comúns, como podería ser a
> contratación dun servidor tecnicamente avanzado con gran capacidade para
> acoller todos os proxectos da federación e dos seus asociados, no canto de
> que cadanseu teña que contratar un servidor.

Xestoría? Si, por favor, por favor.
Tamén me parece ben que forneza servidor (físico ou virtual), onde o
"Dpto. de sistemas" do Proxecto Trasno teña total liberdade de
instalación e configuración.

> Falouse da posibilidade de coordenar/referenciar os distintos proxectos nos
> que cada quen (grupo) traballa (ou quere facelo) a fin de evitar
> duplicidades de esforzo e poder artellar/incentivar a colaboración nestes
> proxectos de membros doutro(s) grupo(s) que poidan estar interesados neles.

Vid supra.

> Cara a unha próxima xuntanza que quedou convocada para o primeiro fin de
> semana de decembro na estrada os respresentantes presentes quedamos na
> obliga/compromiso de falar nos nosos respectivos guls/grupos dos seguintes
> temas, a fin de aportar a este grupo de representantes a visión que hai en
> cada grupo sobre distintos puntos criticos.
>
> 1.- Quenes poderan formar parte desta federación?

Entendo que calquera persoa física ou xurídica que dispoña de nif no
estado español. No caso das persoas xurídicas, aquelas que
estatutariamente teñan un compromiso definido co FLOSS.

> 2.- Que deben demandar / Que precisan os guls/grupos da pretendida
> federación?

Menos papelame administrativo/fiscal e escotar os gastos fixos. Un
espazo para coordinar actuacións.

> Acordouse que un grupo de xente de Ghandalf estude os termos legais,
> posibilidades, formas de asociación etc... a fin de ter, nesa próxima
> xuntanza un pouco crarexado o aspecto legal.

Lembrade que toda asociación que pase a formar parte dunha federación
debe comunicar este feito no rexistro de asociacións.

>Falouse do tema do nome/marca e
> decidiuse que sexa o último do que se discuta, xa que pode verse afectado
> pola estructura legal que poidera acordarse.

FOGASA: Federación de organización galegas adicadas o software aberto
(jeje, e tamén fondo de garantía salarial :-D )

>
Máis nada, só lembrar que o represntante estatutario é o presidente,
agás delegación deste pola causa que sexa.
A que me gustaría contactar cos tesoureiros dos distintos guls, para
chucharlles a experiencia que teñan no tema.

Responderlle a