Boas:
Miguel Bouzada escribiu:
2009/10/28 mvillarino <[email protected] <mailto:[email protected]>>
2009/10/27 Miguel Bouzada <[email protected]
<mailto:[email protected]>>:
> A federación podería ser un interlocutor válido e unitario ca
comunidade do
> SL galego.
sen prexuízo de que cada membro federado conserve as súas facultades
para iniciar, continuar ou adherirse ás actividades proprias de seu,
segundo as teña definidas no seu estatuto, dentro do ámbito
territorial do membro.
Fixadevos que xa puxen «"un" interlocutor» e non «"o@ interlocutor».
Dende logo que a autonomía de cada grupo terá que ser respectada.
> A federación podería ser o medio para acometer unha "campaña" de
> visibilización cara a sociedade, non só do SL senón tamén das
comunidades
> que o conforman.
> A federación podería ser o voceiro da comunidade.
Conforme
> Falamos tamén de servizos que podería fornecer a federación cara
aos entes
> agrupados como a contratación por xunto dunha asesoria
especializada no 3º
> sector, a disponibilidade de recursos técnicos comúns, como
podería ser a
> contratación dun servidor tecnicamente avanzado con gran
capacidade para
> acoller todos os proxectos da federación e dos seus asociados, no
canto de
> que cadanseu teña que contratar un servidor.
Xestoría? Si, por favor, por favor.
Tamén me parece ben que forneza servidor (físico ou virtual), onde o
"Dpto. de sistemas" do Proxecto Trasno teña total liberdade de
instalación e configuración.
> Falouse da posibilidade de coordenar/referenciar os distintos
proxectos nos
> que cada quen (grupo) traballa (ou quere facelo) a fin de evitar
> duplicidades de esforzo e poder artellar/incentivar a
colaboración nestes
> proxectos de membros doutro(s) grupo(s) que poidan estar
interesados neles.
Vid supra.
> Cara a unha próxima xuntanza que quedou convocada para o primeiro
fin de
> semana de decembro na estrada os respresentantes presentes
quedamos na
> obliga/compromiso de falar nos nosos respectivos guls/grupos dos
seguintes
> temas, a fin de aportar a este grupo de representantes a visión
que hai en
> cada grupo sobre distintos puntos criticos.
>
> 1.- Quenes poderan formar parte desta federación?
Entendo que calquera persoa física ou xurídica que dispoña de nif no
estado español. No caso das persoas xurídicas, aquelas que
estatutariamente teñan un compromiso definido co FLOSS.
IMHO
Eu entendo que só deben formar parte aquelas asociacións, grupos, etc...
xurídicamente conformados e en cuxos eatstutos este claramente indicado
como fin da(o) mesma(o) «a defensa, promoción... (e todas as súas
variantes) do Software libre e de fontes abertas». As persoas, a título
individual, non deben formar parte dunha «Asociación de asociacións», xa
que a canle natural é que se asocie a unha asociación de base e a través
dela participe na asociación de asociacións.
Concordo
> 2.- Que deben demandar / Que precisan os guls/grupos da pretendida
> federación?
Menos papelame administrativo/fiscal e escotar os gastos fixos. Un
espazo para coordinar actuacións.
> Acordouse que un grupo de xente de Ghandalf estude os termos legais,
> posibilidades, formas de asociación etc... a fin de ter, nesa próxima
> xuntanza un pouco crarexado o aspecto legal.
Lembrade que toda asociación que pase a formar parte dunha federación
debe comunicar este feito no rexistro de asociacións.
>Falouse do tema do nome/marca e
> decidiuse que sexa o último do que se discuta, xa que pode verse
afectado
> pola estructura legal que poidera acordarse.
FOGASA: Federación de organización galegas adicadas o software aberto
(jeje, e tamén fondo de garantía salarial :-D )
>
Máis nada, só lembrar que o represntante estatutario é o presidente,
agás delegación deste pola causa que sexa.
Neste caso, no que atixe a Trasno, ía asistir o Sr Presidente, por
razóns de saúde non pudo asistir, polo que co permiso dos demáis
asistentes a xuntanza, aceptaron a miña representación aínda que eu xa
asistia como representante "oficial" de GALPon.
A que me gustaría contactar cos tesoureiros dos distintos guls, para
chucharlles a experiencia que teñan no tema.
--
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls,
.xlsx, .ppt, .pptx
Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais
ISO (ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/
Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org <http://jabberes.org> e
na sala [email protected]
<mailto:[email protected]>