>>> Un esquema, aquí o tes >>> >>> http://www.certima.net/glosima/spip.php?page=exportar_tbx&glosario=5 >>> >>> Máis en esquema (pendente de documentar, comentarios e tal) >>> >>> http://www.certima.net/glosima/?25-modelo-de-tbx >> >> Hai algún campo onde engadir unha descrición do termo ademáis da >> tradución?? > > como a compatibilidade com TBX nom é muito alargada, talvez estaria bem > tomar como base um esquema mínimo gerado polo Lokalize (que fai um uso > particular do TBX-Basic); no próprio Lokalize pode-se modificar (e criar?) > um glossário em TBX. > > mas se se pretende usar com ferramentas como o OmegaT, partir de um CSV pode > ser umha boa ideia; despois pode-se passar a TBX com o csv2tbx do TTK e > adaptá-lo se necessário.
Non teño tempo para enviarche un esquema, pero os recursos enviados por Antón deberían ser suficientes para algo básico. Ademais tes os glosarios en TBX que atopara en http://ghicho.iespana.es/ que conteñen non sei cantos glosarios pasados a TBX (agardemos que algún día inclúan algúns dos que faltan). O que comenta Gonçalo tamén é útil, pero eu persoalmente prefiro usar o Gedit para montarme un TBX a usar o Lokalize :) Para a definición úsase a etiqueta <descrip type="definition"> tanto na raíz do termEntry como na de langSet (isto último se queremos unha definición por cada idioma, o primeiro se queremos unha única definición por cada concepto). Ata logo, Leandro Regueiro

