Boas,

Vai unha serie de cousas que me fun atopando (en geany-plugins, por se
volo preguntades):

[depuración - debugging]
- Breakpoint : [1] punto de interrupción
- Watchpoint: [2 -ollo á xogada] Eu poría "punto de vixilancia", a non
ser que alguén me diga que a iso se lle chama doutro xeito.
- core file: [3] Ficheiro core? Ficheiro núcleo? Ficheiro (d[e|o]) envorcado??
- stack: pila ou montón? ou morea? teño que revisar os correos, que
creo que xa se comentara.

[control de versións]
- Blame (era unha orde de svn, mostra quen modificou cada liña dun
ficheiro por última vez): Blame, non?
- Update (outra vez, orde de SVN - ou outros -. Traduciriádelo?)
- Commit (o mesmo)
- Peeero.. que facemos con "add". Tamén é unha orde do svn, pero é
perfectamente traducible...


[xeral, pero relacionado con depuración]
- Kill : matar? rematar? terminar?  (non sei se mantemos a metáfora,
ou o que sexa, orixinal de "kill")


[1] 
http://www.certima.net/glosima/spip.php?page=termos&id_traducion=1085&id_concepto=357&id_glosario=6
[2] http://en.wikipedia.org/wiki/Watchpoint
[3] http://www.unixguide.net/linux/faq/07.13.shtml


E para agora xa chegan, jejeje

-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es

Responderlle a