> Boas, > > Vai unha serie de cousas que me fun atopando (en geany-plugins, por se > volo preguntades): > > [depuración - debugging] > - Breakpoint : [1] punto de interrupción > - Watchpoint: [2 -ollo á xogada] Eu poría "punto de vixilancia", a non > ser que alguén me diga que a iso se lle chama doutro xeito. > - core file: [3] Ficheiro core? Ficheiro núcleo? Ficheiro (d[e|o]) envorcado??
Isto creo que aparecia no glosario de Trasno > - stack: pila ou montón? ou morea? teño que revisar os correos, que > creo que xa se comentara. Xusto Rodríguez propuxera unha vez "rima". Realmente isto haberá que debatelo con calma. > [control de versións] > - Blame (era unha orde de svn, mostra quen modificou cada liña dun > ficheiro por última vez): Blame, non? > - Update (outra vez, orde de SVN - ou outros -. Traduciriádelo?) > - Commit (o mesmo) Isto creo que xa ten tradución fixada. Aparece no glosario do Netbeans, e non sei se no de Mancomún. > - Peeero.. que facemos con "add". Tamén é unha orde do svn, pero é > perfectamente traducible... > > > [xeral, pero relacionado con depuración] > - Kill : matar? rematar? terminar? (non sei se mantemos a metáfora, > ou o que sexa, orixinal de "kill") Normalmente usouse matar, creo, pero queda pouco profesional. Quizais terminar estea mellor, opinións ou outras ideas? > [1] > http://www.certima.net/glosima/spip.php?page=termos&id_traducion=1085&id_concepto=357&id_glosario=6 > [2] http://en.wikipedia.org/wiki/Watchpoint > [3] http://www.unixguide.net/linux/faq/07.13.shtml O resto das cousas non as comento. Penso que habería que achegar información para cada unha delas e discutilas en fíos separados durante un tempo.

