Pode ser certo iso que dis, eu estou a facer un curso no CNTG e tamén teñen openSUSE instalado (aínda que non depende de Educación, senón de Traballo).
Como xa dixen, estou disposto a colaborar onde máis falta faga. Vou comezar con KDE, pero cando colla algo de soltura tamén me gustaría axudarvos, quizáis revisando algúns deses ficheiros desactualizados que comentas. Xa me puxen a fedellar co Lokalize; é unha marabilla. Tamén estou a intentar facer a copia inicial dos repositorios con Subversion (pero no caso do de KDE chega un intre no que se atranca...) Saúdos > Olaaaa: > Desde o lado "doce" da vida (Suse)[ grazas, marce], estamos con ganas de > darche toda a axuda que precises... Neste intre estamos no 66% da tradución > (hai algo máis dun ano estabamos no 11%), ademais hai cousas que debemos > revisar (hai ficheiros sen actualizar desde o 2002)... pero temos que > valorar unha cousa: openSUSE é o linux que se instala de xeito > predeterminado nos equipos que envía a Consellería de Educación a todos os > centros de Galicia, e está en castelán... E dada a política lingüística que > desgrazadamente se aveciña no eido educativo, non se pode axudar a > xustificar que o galego non estea presente nesta distribución. Por iso, > penso que sería pertinente para seguinte versión, a 11.3, coa axuda de > todos, propoñerse chegar ao 100% da tradución á nosa lingua. > Considerade a proposta. > Un saúdo: > Manolo Vázquez

