2009/10/31 Manuel Vázquez <moro...@gmail.com>:
> Ola:
> No noso centro o alumnado de Primaria traballa con firefox, openoffice e
> demais software libre. O terceiro ciclo de Primaria traballa cun Moodle
> adaptado para eles. O alumnado de secundaria publica na páxina web, que está
> feita con Joomla. Os de Secundaria traballan con openSUSE para
> familiarizarse con KDE e instala Ubuntu con GNOME para coñecer ese
> escritorio. En áreas como Música ou Plástica emprégase Audacity, MusiScore,
> Gimp e Inkscape. Todos os arrinques duais de todos os ordenadores funcionan,
> é dicir, o openSUSE está totalmente operativo.
> É dicir, hai centros onde hai sensibilidade polo tema. Pouco a pouco vanse
> facendo cousas neste sentido. Isto é posible porque nos xuntamos un grupiño
> de profesores e profesoras con certa inquedanza e que nos axudamos uns a
> outros e facemos unha especie formación colaborativa entre nós. Porque da
> administración educativa pouco podemos esperar, o 90% dos cursos de
> formación están orientados a Windows ou teñen un cheire a Fiestras que
> confunde...

Xa case dan ganas de volver a estudar nun sitio así :)

Responderlle a