Olaaaa:
Desde o lado "doce" da vida (Suse)[ grazas, marce], estamos con ganas de
darche toda a axuda que precises... Neste intre estamos no 66% da tradución
(hai algo máis dun ano estabamos no 11%), ademais hai cousas que debemos
revisar (hai ficheiros sen actualizar desde o 2002)... pero temos que
valorar unha cousa: openSUSE é o linux que se instala de xeito
predeterminado nos equipos que envía a Consellería de Educación a todos os
centros de Galicia, e está en castelán... E dada a política lingüística que
desgrazadamente se aveciña no eido educativo, non se pode axudar a
xustificar que o galego non estea presente nesta distribución. Por iso,
penso que sería pertinente para seguinte versión, a 11.3, coa axuda de
todos, propoñerse chegar ao 100% da tradución á nosa lingua.
Considerade a proposta.
Un saúdo:
Manolo Vázquez


2009/10/30 mvillarino <mvillar...@gmail.com>

> > Polo momento, xa comecei instalando Lokalize e Subversion,
>
> Pois xa tes o máis difícil feito!
>
> >e estoulle a
> > botar un ollo á documentación que me indicastes; comecei a pelexar cos
> > ficheiros PO,
>
> Eu pasaría un pouco desa documentación: non só é moi longa senón que
> moitas cousas na práctica non se ven.
>
> Mellor le directamente o manual do Lokalize, obtén os ficheiros PO que
> che interesen (se son de KDE, podes probar con algo do playground), e
> mándamos. Se tes problemas de sintaxe, ou algún outro erro gordo, xa
> cho irei dicindo. Se prefires ir polo lado doce da vida (Suse) [1], de
> certo que Leandro ou Miguel ou Xosé ou Manuel Alberto poderán darche
> algunha indicación máis.
>
>
> >e vou seguir co manual de localización de Mancomún, que ten
> > moi boa pinta.
>
> Un saúdo,
>
> [1] Jeje, collédelo?
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Responderlle a