2009/10/30, Iván Penido <listacor...@ivanpenido.net>:
> Baseándome nas conversas que mantiven con algúns membros de Trasno, os
> correos que fun lendo e en algunha idea personal, quería deixarvos a
> miña opinión. A parte técnica deixareina de lado, xa que non a vexo
> especialmente importante polo momento.
>
> 1.- Correo Electrónico
>
>       Manter un servidor de correo, conleva moito tempo e traballo (spam,
> listas negras, etc...) eu son dos partidarios do uso de Google Apps
> Gratuito (ten como límite 50 buzóns de correo) e moi cómodo, a
> interfaz é coñecida (moitos usdes contas de google) e tes un gran
> equipo de xente, a que lle pagan para que o sistema funcione ben.
>
> 2.- Roldas de correo.
>
>       Eu sería partidario do uso de Mailman
> (http://www.gnu.org/software/mailman/index.html
> ) proxecto GNU, moi estendido, estable e moi funcional.
>

Só un pequeno comentario: é certo que está estendido, que é estable, e
que funciona ben. Pero creo que hai unha cousa que debemos ter en
conta: non ten buscador (non ten, ou si?). Nisto, o lurker gánalle. E
é unha característica que, para min, pesa bastante agora mesmo.

> 3.- Web
> 3.1- Web (cms)
>
>       A día de hoxe, a web que tedes e unha wiki montada con dokuwiki. Tal
> vez pode que sexa útil dispoñer dun cms e unha wiki por separado.
>       A hora de usar un cms, a opción de joombla, non me parece a mellor,
> ten a ventaxa de ser moi sinxelo, e de que en escasos 10 min tes una
> web funcional, pero paréceme moi inseguro, e botando un ollo  a
> milw0rm, Joombla é un dos cms mais recurrentes a hora de intentar
> atacar. Drupal e moito mais complexo inicialmente, pero paréceme moito
> más robusto e fiable, eu decantaríame por este último.
>       Outras opcións poderían ser MovableType (http://www.movabletype.org/)
> ou o que barallades alguns de vos, SPIP, eu SPIP non o coñecía, se me
> dades un par de dias, botolle un ollo.
>       
> 3.2- Web (wiki)
>
>       Dokuwiki e un bo xestor, pero pode que se quede algo curto para
> Trasno. Pensaría en MediaWiki ou MoinMoin (http://moinmo.in) a ventaxa
> de moinmoin e o soporte para ACLs (lista de control de acceso) opción
> que MediaWiki non ten, a desventaxa, e un chisco complicada a sua
> instalación.
>
> 3.3- Web (blogs)
>
>       Algunhas das opcións que coñezo son Apache roller
> (http://roller.apache.org/
> ) usado por R para a sua plataforma de blogs. MovableType, usado por
> microsiervos e Wordpress MU, usado por blogaliza.
>       Eu sería partidario de wordpress MU +  un planet. O separo do cms, xa
> que os blogs da comunidade parécenme unha cousa e as noticias do
> proxecto, outra ben distinta que non deben de estar mesturadas.
>
> 3.4- Web (outors..)
>
>       Descoñezo se faría falla algunha outra utilidade... ¿Comentarios?
>
> 4.- FTP
>
>       Elexir un servidor ou outro e o de menos agora mesmo, o principal e
> ter claro o suo que se lle quere dar. Antón Méixome comentabame o
> seguinte:
>
> "[...] O uso principal sería aloxar contidos de todo tipo de modo
> estruturado: po, tmx, aplicativos, manuais, imaxe gráfica,
> documentación da asociación, aloxamento de proxectos persoais ou
> copias de seguranza que se nos confíen, doutros sitios, por
> exemploguls ou proxectos persoais [...]"
>
> Para non facelo moi largo e tedioso, redactarei outro correo no que me
> centrarei nas outras utilidades e ferrmentas necesarias (corpus,
> glosario, forxa, etc...


-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es

Responderlle a