>> Ola, >> acabo de ver hai un anaco que actualizaron o arquivo que hai en >> http://ghicho.iespana.es/ incluíndo máis ficheiros e para tocar as >> narices cambiándolle os nomes. >> >> Aínda así en dez minutiños arranxei o script de creación da base de >> datos que xa tiña e xa está rulando outra vez, agora con máis datos. O >> script de consulta non cambiou nada, e segue as mesmas instruccións >> que xa puxen noutra mensaxe anterior e que vou copiar aquí embaixo >> para non vos marear: >> >>> Envíovos unha nova versión que permite indicar as consultas como >>> exactas ou inexactas. É dicir con >>> >>> ./script --fuzzy tab >>> >>> obtéñense tódolos resultados tal como se obtiñan antes, só que é >>> bastante máis lento agora. Co exemplo este obterianse todas as >>> entradas que teñan algunha tradución en inglés que conteña tab: table, >>> executable, database, portable... >>> >>> Ca opción nova: >>> >>> ./script --exact tab >>> >>> só se obteñen as entradas que teñen algunha tradución en inglés que >>> conteña "tab" e "tab" non forma parte de ningunha palabra con máis >>> caracteres. Devolveria "tab order", "tab", "next tab" pero non >>> "tabulation" nin nada diso. >>> >>> Lembrade que se pode consultar por frases, con ambos modos: >>> >>> ./script --exact database manager applet >>> >>> buscaria os resultados usando a cadea "database manager applet". > > Importante, non me lembrei de borrar a liña esa que puxen para incluír > unha copia do glosario de Marce, e que sobra do ficheiro de creación > da base de datos a non ser que consigades o ficheiro dende > http://websvn.kde.org/*checkout*/trunk/l10n-kde4/gl/terms.tbx e lle > cambiedes o nome polo nome que está no código do script en Python. > Outra opción é directamente eliminar a liña conflitiva, pero igual a > Marce non lle gusta :)
Ola de novo. Envío a última versión dos scripts para poder xerar a base de datos incluíndo o TBX da wiki de Mancomún e o do glosario de openSuse. Vai no anexo.
scripts_para_crear_e_consultar_bd_glosarios_version5.tar.gz
Description: GNU Zip compressed data

