2009/11/25 Leandro Regueiro <[email protected]>: >>> Ola, >>> acabo de ver hai un anaco que actualizaron o arquivo que hai en >>> http://ghicho.iespana.es/ incluíndo máis ficheiros e para tocar as >>> narices cambiándolle os nomes. >>> >>> Aínda así en dez minutiños arranxei o script de creación da base de >>> datos que xa tiña e xa está rulando outra vez, agora con máis datos. O >>> script de consulta non cambiou nada, e segue as mesmas instruccións >>> que xa puxen noutra mensaxe anterior e que vou copiar aquí embaixo >>> para non vos marear: >>> >>>> Envíovos unha nova versión que permite indicar as consultas como >>>> exactas ou inexactas. É dicir con >>>> >>>> ./script --fuzzy tab >>>> >>>> obtéñense tódolos resultados tal como se obtiñan antes, só que é >>>> bastante máis lento agora. Co exemplo este obterianse todas as >>>> entradas que teñan algunha tradución en inglés que conteña tab: table, >>>> executable, database, portable... >>>> >>>> Ca opción nova: >>>> >>>> ./script --exact tab >>>> >>>> só se obteñen as entradas que teñen algunha tradución en inglés que >>>> conteña "tab" e "tab" non forma parte de ningunha palabra con máis >>>> caracteres. Devolveria "tab order", "tab", "next tab" pero non >>>> "tabulation" nin nada diso. >>>> >>>> Lembrade que se pode consultar por frases, con ambos modos: >>>> >>>> ./script --exact database manager applet >>>> >>>> buscaria os resultados usando a cadea "database manager applet". >> >> Importante, non me lembrei de borrar a liña esa que puxen para incluír >> unha copia do glosario de Marce, e que sobra do ficheiro de creación >> da base de datos a non ser que consigades o ficheiro dende >> http://websvn.kde.org/*checkout*/trunk/l10n-kde4/gl/terms.tbx e lle >> cambiedes o nome polo nome que está no código do script en Python. >> Outra opción é directamente eliminar a liña conflitiva, pero igual a >> Marce non lle gusta :) > > Ola de novo. > Envío a última versión dos scripts para poder xerar a base de datos > incluíndo o TBX da wiki de Mancomún e o do glosario de openSuse. Vai > no anexo.
Inclúo novas versións dos dous scripts para poder importar TBX que usen a etiqueta para abreviaturas e para que inclúa os dous últimos TBX: os dos borradores de guías de estilo da OSLUDC e de Xusto A. Rodríguez Río e Xosé A. Rubal López.
scripts_para_crear_e_consultar_bd_glosarios_version6.tar.gz
Description: GNU Zip compressed data

