2009/12/21 Javier Pico <[email protected]>: > Particularmente, eu optaría por non traducilo. Considero que é un neoloxismo > amplamente empregado e coñecido, para o que non é preciso explicación > [conste que, no seu momento, eu non collín o a orixe á primeira (torpe que é > un), pero si que entendín perfectamente a que se refería]. > > 2009/12/21 Miguel Bouzada <[email protected]> >> >> Estou coa tradu de gToDo, que é unha lista de tarefas pendentes, e estaba >> a preguntarme se traducir todo (ToDo) por "por facer (PorFacer) etc... >> >> admitense suxestións :-) >>
É delicado, non tanto porque estea xa implantado ou non, senón porque podemos escarallar algo (non neste caso en concreto, senón no caso de que decidísemos traducir sempre os "TODO"). Explico un caso que coñezo: Dentro de geany-plugins hai un que se chama "tarefas pendentes" (ou algo así) que fai unha cousa ben parva: Mira nos comentarios do código que esteamos a editar e presenta, na parte de abaixo, unha lista de cousas pendentes. Por exemplo, se atopa un "/*TODO: engadir o resultado máis tarde*/", embaixo pon o de "engadir o resultado máis tarde". Así que... nada, sentidiño. Que se cadra nese programa pasa algo parecido (ou noutros...). Polo demáis: eu traduciríao. É coma o de "To Be Continued..." das películas... >> -- >> Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, >> .xlsx, .ppt, .pptx >> >> Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO >> (ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/ >> >> Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala >> [email protected] > > -- Saúde, Chaves - http://chav.es

