>> Van traducir as OSL (polo menos dúas delas), vai traducir Trasno (como
>> sempre fixo e seguira facendo bastante tempo), van traducir os de
>> G11n/Ciberirmandade, pero como nos imos coordinar todos?
>>
>> Vai haber traducións pagadas pola Xunta tamén (Imaxin, etc.)?
>>
>> Ten a Xunta algún interese en continuar apoiando a tradución de, por
>> exemplo, o OpenOffice.org dun xeito especial (traducindo/mantendo a
>> tradución alguén da Xunta, ou contratando a tradución a empresa
>> externa)?
>>
>> Ten a Xunta interese en pagar a revisión das traducións?
>>
>> Vai a Xunta facilitarnos o acceso a certos recursos (Termigal, etc.)?
>>
>> Vai ter a Xunta algún organismo que tamén traduza como se facía antes
>> dende Mancomún para manter as traducións feitas por empresas?
>>
>> Tamén hai/había tradutores por libre e traducións feitas por empresas
>> de forma desinteresada, como se van coordinar tamén co resto?
>>
>> Como vai axudar a Xunta na difusión do software libre en galego
>> (instalar SL nas escolas e formar a profesores para que llo aprendan
>> aos alumnos, impulsar o uso do SL en galego nas empresas e na
>> Xunta/concellos, p.ex.)?
>>
>>
>> Quizais algunhas das cuestións estean repetidas/solapadas. Estou
>> seguro de ter esquecido algo importante...
>
> Acabo de ver a última mensaxe de Carlos Rodriguez e resulta que é só
> para propostas,

Eu penso que se a Xunta vai seguir a ter interese en ter traducións ao
galego, ese interese ha pasar por telas pagas; podemos sinalar que un
xeito de facer isto máis barato, ou de que polo mesmo prezo de obteña
máis resultado final é que os criterios que se empreguen polas
contratas que fagan sexan os mesmos que vimos empregando nos, ou polo
menos que non fagan aberracións como voltar trocar
fiestra/xanela/ventá, plugin/extensión/complemento, ou
separador/lingueta/lapela/ficha.
Claro, axudaría ter ese sistema terminoloxico operativo e público,
para ver que hai algo sólido detrás, no que apoiarnos.

Responderlle a