Penso que aquí Antón deu no cravo. A cousa é que aparecen en software de uso moi común (k3b neste caso) e non parece moi boa cousa espetarlle á xente session-at-once e esperar que entendan cal é a diferenza con track-at-once.
E vendo: > Opción A > > Disc-at-once (disco nun paso) > Track-at-once (pista a pista) > Session-at-once (sesión a sesión) > > Opción B > > Disco nun paso (DAO) > Pista a pista (TAO) > Sesión a sesión (SAO) eu estou por dicir que a "B" paréceme moi correcta.

