2010/2/28 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
>> Non se debe deixar pasar o detalle de que a fórmula inglesa vai con
>> guións, o que indica que se debe tratar como un "método", unha
>> etiqueta que funciona como unha oración completa. De feito, tamén hai
>> que ter en conta a existencia da sigla.
>>
>> Paréceríame máis adecuado deixar a etiqueta ingles pero engadirlle
>> unha explicación en galego, para ila introducindo
>>
>> Disc-at-once (DAO, disco nun paso)
>> Track-at-once (TAO, pista a pista)
>> Session-at-once (SAO, sesión a sesión)
>
> Non creo que faga falla salvo que no día a día informático se utilizasen as
> siglas, que non o creo.

Ola Adrián,

Eu tampouco creo que se vaian usar, pero introducir a tradución dos
métodos - que sería unha novidade- pode ser moi forte ao
principio. Ao apoiarse na sigla, permite que o usuario encontre ou
poida buscar referencias en Internet, por exemplo. Para que quede máis
clara a miña proposta: eu non digo que o haxa que poñer todo, senón
mellor así

Opción A

Disc-at-once (disco nun paso)
Track-at-once (pista a pista)
Session-at-once (sesión a sesión)

Opción B

Disco nun paso (DAO)
Pista a pista (TAO)
Sesión a sesión (SAO)


A min paréceme máis elegante a segunda, e mesmo arriscada, se se pode
dicir así. Eu digo que hai que pensalo ben para non repetir o caos que
se ve noutras linguas.



>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Responderlle a