2012/5/12 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
> Visto o falado ata agora, o 26 centrámonos no debate terminolóxico e
> deixamos a guía de localización como un proxecto para iniciar en liña máis
> adiante e pechalo noutro evento,p.ex.
>
> Se temos xente interesada en comezar a localizar, fago eu de tutor.
> Parécevos?.

Por min vale.

> 2012/5/12 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>
>>
>> Estou a publicitar nas redes sociais o relatorio do primeiro día como:
>> «Como e porqué se traduce swl ao galego?». Foi por buscar un abano que
>> recollera todo o que nos pode suscitar relatar. Temos dispoñibles aí 1 ou
>> 1,30h para un relatorio como queirades. Imos propoñendo como organizalo?.
>>
>> Primeira proposta. Facemos un fiadeiro aberto entre varios no que primeiro
>> un (p.ex eu,  dea a benvida, explique o que é a localización e é que é
>> trasno) e logo vaiamos abrindo outros fíos de interese?

Entendo logo que non vas facer ti unha única presentación este venres?

>> 2012/5/7 Xosé <xoseca...@gmail.com>
>>>
>>>
>>>
>>> 2012/5/7 Antón Méixome <cert...@certima.net>
>>>>
>>>>
>>>>
>>>> Espero estar dispoñíbel tanto para o 18, se fai falta como relator,
>>>> como para o 26 para o que sexa necesario.
>>>
>>>
>>> Podería estar dispoñíbel o 18, non como relator, pero non o 26.
>>>
>>>>
>>>>
>>>> Penso que máis que tratar sobre o contido e forma das guías convén
>>>> reflexionar sobre a prioridade de cada cousa, tempo e persoas
>>>> dispoñíbeis.
>>>>
>>>> - ordenación de recursos
>>>>     - infraestrutura
>>>>     - contidos e servizos
>>>> - asembleas e trasnadas
>>>> - actividades e colaboracións
>>>> - guías.
>>>>    Eu tamén creo que unha guía rápida de 10 folios, ben a podemos
>>>> facer en liña.
>>>>
>>>
>>> Estou de acordo. Precisamos organización.
>>>
>>>
>>>
>>>>
>>>> A miña opinión neste momento é que é verdade que hai que ir comezando
>>>> a darlle un xiro importante ao foco de actividades de Trasno cara ao
>>>> social, pero temos aínda que darlle unha volta moi seria á
>>>> terminoloxía e o estilo. Temos moitos termos importantes pendentes e
>>>> un gran falta de firmeza ou claridade.
>>>>
>>>> Por iso é tan importante organizar e preparar ben o debate
>>>> terminolóxico. Cómenos o tempo.
>>>> Pola miña banda, ademais, está a necesidade de darlle dunha vez saída
>>>> a unha nova versión do corrector
>>>> hunspell e sacar adiante a guía do Writer, para cumprir co convenio.
>>>>
>>>> Aí para xullo, ofrezo a miña casa en Lalín (céntrica) e facervos unha
>>>> churrascada como reunión de verán para todos os trasnegos e
>>>> acompañantes. Vós poñedes a bebida.
>>>
>>>
>>> Estupenda idea. Apúntome.
>>>
>>> Xosé
>>>
>>>>
>>>>
>>>> A casa ten a vantaxe de que apenas hai cobertura de teléfono e desde
>>>> logo nada de Internet.
>>>> :-)
>>>>
>>>> Saúdos,
>>>>
>>>> Antón
>>>>
>>>> > _______________________________________________
>>>> > Proxecto mailing list
>>>> > Proxecto@trasno.net
>>>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>> _______________________________________________
>>>> Proxecto mailing list
>>>> Proxecto@trasno.net
>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>
>>>
>>>
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>
>>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a