Boas.

@branco: envía ti o correo no que fales da Trasnada, porque senón
parece que só envío eu correos a galician.mozdev. A ver se temos algo
de movemento.

Saúdos.

2012/5/12 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
> Con xente de ciencia e ademais sendo en Lugo, eu encantádo!!! :)
>
> @keko: importache redifundir o da trasnada na lista de mozilla?. Senón tamén
> o comento eu por alí como offtopic.
>
>
> 2012/5/12 Enrique Estévez Fernández <keko...@gmail.com>
>>
>> Ola.
>>
>> Ten moi boa pinta. E a colación, contarvos aínda que serxa off-topic,
>> pero é interesante para o grupo, que me chegou un contacto desde
>> Igaciencia, para participar no congreso que organizarán este mes de
>> xullo, en Lugo, sobre o software libre na ciencia.
>> http://www.igaciencia.eu/drupal7/
>>
>> Dinlles datos de contacto de varias persoas, e tamén de Trasno. A idea
>> é dar unha conferencia sobre a tradución de Software Libre ao galego.
>> En principio iría eu con algunha outra persoa de Trasno e sería algo
>> similar ao título da conferencia que se vai dar no primeiro día da
>> Trasnada.
>>
>> O contacto foi a través de mozilla, e falando con eles por correo
>> xurdiu o tema que acabo de comentar. En principio, se se deciden a
>> facelo, poríanse en contacto comigo, co presidente, tesoureiro,
>> secretario e bouzada. A miña idea foi darlle o contacto da directiva e
>> tamén de Bouzada, por se lles interesa falar do proxecto Minino.
>>
>> Espero non meter o zoco co que fixen, xa que me pareceu acertado e
>> axeitado que Trasno estivera presente, se a organización lles parece
>> ben. Como espero ir a Trasnada, xa vos conto como xurdiu todo en
>> persoa.
>>
>> Un saúdo.
>>
>> 2012/5/12 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
>> > Estou a publicitar nas redes sociais o relatorio do primeiro día como:
>> > «Como
>> > e porqué se traduce swl ao galego?». Foi por buscar un abano que
>> > recollera
>> > todo o que nos pode suscitar relatar. Temos dispoñibles aí 1 ou 1,30h
>> > para
>> > un relatorio como queirades. Imos propoñendo como organizalo?.
>> >
>> > Primeira proposta. Facemos un fiadeiro aberto entre varios no que
>> > primeiro
>> > un (p.ex eu,  dea a benvida, explique o que é a localización e é que é
>> > trasno) e logo vaiamos abrindo outros fíos de interese?
>> >
>> >
>> > 2012/5/7 Xosé <xoseca...@gmail.com>
>> >>
>> >>
>> >>
>> >> 2012/5/7 Antón Méixome <cert...@certima.net>
>> >>>
>> >>>
>> >>>
>> >>> Espero estar dispoñíbel tanto para o 18, se fai falta como relator,
>> >>> como para o 26 para o que sexa necesario.
>> >>
>> >>
>> >> Podería estar dispoñíbel o 18, non como relator, pero non o 26.
>> >>
>> >>>
>> >>>
>> >>> Penso que máis que tratar sobre o contido e forma das guías convén
>> >>> reflexionar sobre a prioridade de cada cousa, tempo e persoas
>> >>> dispoñíbeis.
>> >>>
>> >>> - ordenación de recursos
>> >>>     - infraestrutura
>> >>>     - contidos e servizos
>> >>> - asembleas e trasnadas
>> >>> - actividades e colaboracións
>> >>> - guías.
>> >>>    Eu tamén creo que unha guía rápida de 10 folios, ben a podemos
>> >>> facer en liña.
>> >>>
>> >>
>> >> Estou de acordo. Precisamos organización.
>> >>
>> >>
>> >>
>> >>>
>> >>> A miña opinión neste momento é que é verdade que hai que ir comezando
>> >>> a darlle un xiro importante ao foco de actividades de Trasno cara ao
>> >>> social, pero temos aínda que darlle unha volta moi seria á
>> >>> terminoloxía e o estilo. Temos moitos termos importantes pendentes e
>> >>> un gran falta de firmeza ou claridade.
>> >>>
>> >>> Por iso é tan importante organizar e preparar ben o debate
>> >>> terminolóxico. Cómenos o tempo.
>> >>> Pola miña banda, ademais, está a necesidade de darlle dunha vez saída
>> >>> a unha nova versión do corrector
>> >>> hunspell e sacar adiante a guía do Writer, para cumprir co convenio.
>> >>>
>> >>> Aí para xullo, ofrezo a miña casa en Lalín (céntrica) e facervos unha
>> >>> churrascada como reunión de verán para todos os trasnegos e
>> >>> acompañantes. Vós poñedes a bebida.
>> >>
>> >>
>> >> Estupenda idea. Apúntome.
>> >>
>> >> Xosé
>> >>
>> >>>
>> >>>
>> >>> A casa ten a vantaxe de que apenas hai cobertura de teléfono e desde
>> >>> logo nada de Internet.
>> >>> :-)
>> >>>
>> >>> Saúdos,
>> >>>
>> >>> Antón
>> >>>
>> >>> > _______________________________________________
>> >>> > Proxecto mailing list
>> >>> > Proxecto@trasno.net
>> >>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> >>> _______________________________________________
>> >>> Proxecto mailing list
>> >>> Proxecto@trasno.net
>> >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> >>
>> >>
>> >>
>> >> _______________________________________________
>> >> Proxecto mailing list
>> >> Proxecto@trasno.net
>> >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> >>
>> >
>> >
>> > _______________________________________________
>> > Proxecto mailing list
>> > Proxecto@trasno.net
>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> >
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a