2012/5/19 damufo <[email protected]>: > Isto penso que é un falso amigo, pode confirmalo alguén? > > O contexto é de base de datos. > > Aquí ocorrencia se non me erro, ven a ser os elementos/rexistros da base de > datos que atopa a consulta. > > Estas son as traducións para español, francés e portugues: > > %d query types logged, sorted by occurrences. %d tipo de consultas > registradas, ordenadas por la ocurrencia > %d query types logged, sorted by occurrences. %d types de requêtes > exécutées, triées par occurrences. > %d query types logged, sorted by occurrences. %d tipos de pedidos > registados, ordenados por ocorrências. > > Aquí comenta como ocurrencia é un falso amigo > http://es.wikipedia.org/wiki/Anexo:Falsos_amigos
Non é un falso amigo no ámbito especializado. Polo contrario é un termo moi específico. O DRAG non recolle a acepción infomática que existe en galego (e na maioría das linguas románicas) > > No open-tran polo que vexo aparece traducida ademais de como ocorrencia > (falso amigo?) como "aparicións" esta ultima penso que tamén podería valer > aínda que penso que acaería mellor, falando de bases de datos o termo > "rexistros" que amais está recollido polo DRAG con este mesmo significado, > específico para informática. > > Estou pensando en traducir como: > %d tipos de consulta rexistradas, ordenadas por rexistros. Esa tradución paréceme moi imprecisa porque non especifica realmente como se ordenan xa que o rexistro é un subconxunto de campos onde se localiza unha coincidencia co termo de busca. A unidade mínima (digamos a cadea dentro dun campo) é o que chamamos ocorrencia. O propio DRAG parece xa dar a entender iso. Rexistro 8. Inform. "Estrutura" dixital destinada a almacenar información. Non sei se me explico: rexistro = campo, campo, campo, chave campo = palabra, dato, opción, frase (palabra, palabra, palabra), dato,... (coincidencia = relación entre a busca e o rexistro) ocorrencia = palabra ou dato dun campo contido nun rexistro, no que se concreta unha coincidencia de busca Lembro que algo parecido xa o discutiu a comunidade (match) e, desde logo para min o termo "ocorrencia" é vello coñecido dos estudos da lingüística de corpus. http://listas.mancomun.org/pipermail/mozilla/2009-July/000083.html > > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

