Pois a min que me aparezan como incorrectas cousas correctas ponme dos 
nervios. E creo que os erros do tipo de poñer un espazo por medio son 
facilmente evitables polo que escribe, dado que o número de letras por palabra 
varía ─o cal resulta estraño á vista cando se escribe e se mira á 
pantalla á 
vez (ou a intervalos curtos)─.

Ademais, o erro común consiste en poñer o espazo onde non é, máis que 
colocalo 
dúas veces, polo que xeralmente aínda que quede unha letra solta como válida 
quedará unha palabra rara como incorrecta. Por exemplo:
Persoalmente prefiro que as letrad o alfabeto vaian incluídas no corrector.

De todos xeitos, cousas como símbolos e letras están situándose ao final do 
.dic, de xeito que se poidan eliminar facilmente se así o desexar.
------------ próxima parte ------------
A non-text attachment was scrubbed...
Name: non dispoñíbel
Type: application/pgp-signature
Size: 230 bytes
Desc: This is a digitally signed message part.
URL: 
<http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100601/f98210b4/attachment.pgp>

Responderlle a