2010/7/1 Anxo Outeiral Vidal <bassball93 en gmail.com>

> Teño un par de dúbidas sobre unhas frases ou termos que non sei exactamente
> cales poñer, ou se exactamente é indeferente empregar un ou outro.
>
> Por exemplo:
>
> O termo é *Updating*. Cal poño? *Actualizando* ou* A actualiza*r? O mesmo
> caso para* Iniciando* ou *A iniciar*,etc... Isto o comento porque nos
> resursos veñen das dúas maneiras; entón non sei cal escoller. É 
> indiferente?
>

Ambas formas son correctas pero se está a principio de frase ou onde só haxa
ese verbo, só sería correcto o uso do xerundio clásico: Actualizando

O uso do xerundio perifŕástico necesita sempre que haxa un verbo auxiliar :
ESTAR +A + actualizar. Daquela comezar unha frase "A actualizar fontes de
software" é incorrecto.

Desgraciadamente non podes neste momento localizar no lurker de Trasno o fío
onde se discutiu a corrección desa tradución.



>
> Tamén coas palabras rematadas en "ble" e "bel" como:  *dispoñible* (*
> dispoñíbel*). Cal soedes empregar vós? Porque as dúas son correctas según
> a normativa non?
>

Ambas formas son correctas. Por criterio de norma gramatical debe empregarse
na mesma tradución (de aplicativo) unha ou a outra. A forma máis
estandarizada de tradución agora mesmo é usar -bel (dispoñíbel)



> E por último, teño moitas dúbidas de cando empregar o til na conxunción do
> "a" (á). Hai algún pdf ou manual que o explique ben?
>

Home
 http://gl.wikipedia.org/wiki/Normativa_oficial_do_galego_-_O_artigo

pero intúo que os problemas non son eses senón cando tes que usar, ou non, a
preposición A (non conxunción) que se combina co artigo A

Informar á usuaria (A+A) > Informar a usuaria (A)

Nestes casos toma como norma práctica o seguinte: en galego non se utiliza a
preposición A nos Complementos directos agás cando ese complemento sexa un
nome propio.

Informar á Compañía Telefónica

Certamente o resultado pode chamar un pouco a atención sobre todo a falantes
novos porque temos ese castelanismo moi metido.




> Un saúdo, e perdoade polas preguntas que ao mellor xa estades acostumos a
> leer ;)
>
> PD: perdoade por non poñer [TERMINOLOXÍA] en *Asunto* pero e que levo unha
> semana intentando enviar esta mensaxe e dame erro. Non sei se desta vez irá
> jaja!
>
>
>
> --
> http://trasno.net/
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> http://www.jabberes.org/
>
> Un saúdo!
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto en trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 
<http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100701/61b3e7e7/attachment.htm>

Responderlle a