Por se non queda claro, refírome a que sexa o que máis se emprega, non a que
sexa correcto ou non.

2010/7/1 Alejo Pacín Jul <alejopj en gmail.com>

>
>
> 2010/7/1 Antón Méixome <certima en certima.net>
>
> 2010/7/1 Anxo Outeiral Vidal <bassball93 en gmail.com>
>>
>>> Teño un par de dúbidas sobre unhas frases ou termos que non sei
>>> exactamente cales poñer, ou se exactamente é indeferente empregar un ou
>>> outro.
>>>
>>> Por exemplo:
>>>
>>> O termo é *Updating*. Cal poño? *Actualizando* ou* A actualiza*r? O
>>> mesmo caso para* Iniciando* ou *A iniciar*,etc... Isto o comento porque
>>> nos resursos veñen das dúas maneiras; entón non sei cal escoller. É
>>> indiferente?
>>>
>>
>> Ambas formas son correctas pero se está a principio de frase ou onde só
>> haxa ese verbo, só sería correcto o uso do xerundio clásico: Actualizando
>>
>> O uso do xerundio perifŕástico necesita sempre que haxa un verbo auxiliar
>> : ESTAR +A + actualizar. Daquela comezar unha frase "A actualizar fontes de
>> software" é incorrecto.
>>
>> Desgraciadamente non podes neste momento localizar no lurker de Trasno o
>> fío onde se discutiu a corrección desa tradución.
>>
>>
>>
>>>
>>> Tamén coas palabras rematadas en "ble" e "bel" como:  *dispoñible* (*
>>> dispoñíbel*). Cal soedes empregar vós? Porque as dúas son correctas
>>> según a normativa non?
>>>
>>
>> Ambas formas son correctas. Por criterio de norma gramatical debe
>> empregarse na mesma tradución (de aplicativo) unha ou a outra. A forma máis
>> estandarizada de tradución agora mesmo é usar -bel (dispoñíbel)
>>
>
> Estás seguro disto? Porque eu, de todo o software en galego que emprego, o
> único sitio no que o vin é en KDE.
>
>
>>
>>
>>
>>> E por último, teño moitas dúbidas de cando empregar o til na conxunción
>>> do "a" (á). Hai algún pdf ou manual que o explique ben?
>>>
>>
>> Home
>>  http://gl.wikipedia.org/wiki/Normativa_oficial_do_galego_-_O_artigo
>>
>> pero intúo que os problemas non son eses senón cando tes que usar, ou non,
>> a preposición A (non conxunción) que se combina co artigo A
>>
>> Informar á usuaria (A+A) > Informar a usuaria (A)
>>
>> Nestes casos toma como norma práctica o seguinte: en galego non se utiliza
>> a preposición A nos Complementos directos agás cando ese complemento sexa 
>> un
>> nome propio.
>>
>> Informar á Compañía Telefónica
>>
>> Certamente o resultado pode chamar un pouco a atención sobre todo a
>> falantes novos porque temos ese castelanismo moi metido.
>>
>>
>>
>>
>>> Un saúdo, e perdoade polas preguntas que ao mellor xa estades acostumos a
>>> leer ;)
>>>
>>> PD: perdoade por non poñer [TERMINOLOXÍA] en *Asunto* pero e que levo
>>> unha semana intentando enviar esta mensaxe e dame erro. Non sei se desta vez
>>> irá jaja!
>>>
>>>
>>>
>>> --
>>> http://trasno.net/
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>> http://www.jabberes.org/
>>>
>>> Un saúdo!
>>>
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto en trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>
>>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto en trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 
<http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100701/5eebe832/attachment-0001.htm>

Responderlle a