2010/7/2 Antón Méixome <certima en certima.net>

> Despois de consultalo un chisco:
>
> Mentres non teñamos unha gramatica normativa (sorpresa! non a hai) será
> difícil que poidamos dicir dunha construción que é oficialmete incorrecta.
> Con todo entre os gramáticos galegos hai consenso no básico:
>
> A + ti, eu, ... (os pronomes) . Neste caso ademais hai que reduplicar o
> pronome ( InstalouNOS a  NOS ese aplicativo)
> A + un, outro...
> A + todo/s...
> A + calquera
> ...
>
> Exemplo : quería tanto a un coma ao outro ( =! queria tanto un coma o
> outro)
>
> A + nomes de persoas, referencia a persoas, entidades, etc (esta é a forma
> "moderna" en galego...)
>
> Sempre voto aos meus/os meus
> Atopei aos/os demais confundidos
>
> O problema está a partir de aquí.
>
> Hoxe hai tendencia a usar A como apoio do OD cando se pode confundir o SUX
> con el.
> Esa é a realidade do idioma pero aquí está o debate.
>
>   A radio informa os/aos composteláns
>   As manchas de sangue delataron o/ao ladrón
>
> Eu optaría pola forma máis conservadora:
>
>   A radio informa os composteláns
>   As manchas delatan o ladrón
>
> Por que hai debate?
> Tanto por influencia do castelán evidente, como pola do portugués (segundo
> din algúns autores aínda que a min me sorprende ese dato) o galego presenta
> unha situación ambigüa. Esas frases teñen a particularidade de que o SUX (o
> axente) non é "humano" mentres que o OD (o paciente) si que o é. Esa é
> precisamente a estrutura contraria ao habitual
>
> O neno vence as dificultades (+humano, -humano)  Como se pode ver non
> aparece o -A-
> O paisano ocultou o rebelde (+humano, +humano)   Pode aparecer o -A- como
> reforzo
> A primavera vence o inverno (-humano, - humano)   Idem
>
>
> Creo que quedan claras dúas cousas
>
> - poderiamos atopar argumentos tanto para considerar ambas construcións
> correctas como para considerar algunhas delas incorrectas
> - o idioma está vivo e cambiando. A dirección dos cambios pode
> perfectamente variar cos anos. A forma de falar tradicional estase vendo
> fortemente presionada pola forma castelá. Se nin na escrita lle ofrecemos
> resistencia, acabaremos imitando o estilo do castelán. Non se trata aquí de
> "restaurar" senón de escoller entre dúas formas vivas e marcar estilo.
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto en trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
Eu non entro a discutir en termos gramaticais, porque non teño moita idea,
pero sempre me guiei polo que acostumo a oír na fala. Tal e como ti escribes
as frases

  A radio informa os composteláns
  As manchas delatan o ladrón

eu leríaas con o pechado, mentres que se eu constrúo a frase diríao con o
aberto, representando a + os/o, e polo tanto escribiríao con til. Imaxino
que é unha de tantas variantes locais, ou pode ser influencia do castelán (a
intuición dime que non, pero...); coméntoo por se aporta algo ó debate.

A ver se se establece unha norma ó respecto, porque xa teño tendencia a
empregar «ó» por «ao» e similares, e se porriba debe ir sen til... :P

-- 

Xabier Villar
------------ próxima parte ------------
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 
<http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100702/e1016b6c/attachment.htm>

Responderlle a